Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.684

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos cambios na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 194, do 8-10-1997, publicouse a acta de constitución e o regulamento de funcionamento da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

O secretario da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, comunícalle a esta dirección xeral as modificacións que houbo na composición dos membros da referida comisión paritaria territorial.

Así mesmo, e de acordo co establecido nos artigos 4 e 6 do citado regulamento, relativos respectivamente, á substitución dos membros da comisión e da secretaría, e en virtude do disposto no artigo 83.3º en relación co 90, puntos 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, e de acordo co sinalado no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito e rexistro das modificacións que houbo na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, e remitir copias destas á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Cambios na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia:

1. En representación da Confederación de Empresarios de Galicia:

-Cesa como vocal titular Rafael Sánchez Sostre.

-Noméase vocal titular a Fausto Santamarina Fernández.

2. En representación da Confederación de Empresarios de Galicia:

-Cesa como vocal suplente Fausto Santamarina Fernández.

-Noméase vocal suplente a José Antonio Neira Cortés.

Así mesmo, na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia:

-Cesa como secretario da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia Rafael Sánchez Sostre.

-Noméase como secretario da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia a Juan José Molinos Casal.