Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.677

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio do moble e obxectos decorativos da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do Comercio do Moble e Obxectos Decorativos da Provincia de Lugo (código 2700195), asinado o día 3 de maio de 2001, pola representación da Asociación Empresarial de Comercio de Mobles e Obxectos Decorativos da Provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT (50%), CC.OO. (50%) e CIG (0%) e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de maio de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de comercio de mobles e obxectos decorativos

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo sindical de traballo obrigan á totalidade das empresas e traballadores dedicados ó comercio de mobles e obxectos decorativos.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación obrigatoria a toda a provincia de Lugo, e afectará a tódolos centros de traballo situados nela, aínda cando as empresas tiveran o seu domicilio social fóra, e os traballadores trasladados a esta.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio será do 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 2001.

Artigo 4º.-Denuncia.

O convenio, salvo no referente á táboa salarial, prorrogarase en iguais termos por períodos anuais ó non denunciarse, por calquera das partes, cunha antelación de trinta días á data da súa finalización.

Artigo 5º.-Compensación y absorción.

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, conforme a lexislación vixente, respectándose as situacións en igual forma.

Réxime de traballo

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais.

A regulación legal en materia de apertura de establecementos comerciais e liberdade horaria non suporá modificación da xornada máxima de traballo prevista no convenio e terán que respectarse en todo caso os descansos mínimos previstos na normativa laboral.

Acórdase o carácter non recuperable do festivo de 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio desfrutará dun período anual de vacacións mínimo de trinta días naturais.

A partir do 1 de xaneiro de 2001 o período anual de vacacións mínimo será de trinta e un días naturais debendo iniciarse o seu desfrute en día laborable.

A retribución correspondente ó período de vacacións estará constituída polo salario base, complemnento de transporte e antigüidade, que corresponda a cada categoría profesional, de acordo co cadro de salarios que figura anexo ó presente convenio.

Artigo 8º.-Inasistencia retribuída.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes, isto sen prexuízo do disposto no Estatuto dos traballadores en materia de permisos e licencias retribuídas:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días nos casos de enfermidade grave dos pais, irmáns, cónxuxe e fillos.

c) Dous días nos casos de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

d) Un día por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado observarase o que dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, percibira unha indemnización, descontarase o seu importe do salario a que tivera dereito na empresa.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

g) Seis días naturais por nacemento de fillos.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividirse en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Réxime económico

Artigo 9º.-Salario base.

Comprende para o período que vai desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998 as retribucións que, en xornada normal de traballo, figuran na táboa salarial que se xunta como anexo I, retribucións que foron incrementadas nun 1,4% sobre as táboas do ano 1997.

Os salarios para o período que vai desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1999 figuran na táboa salarial que se xunta como anexo II, salarios que foron incrementados nun 2,9% sobre as táboas do ano 1998.

Os salarios para o período que vai desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2000 figuran na táboa salarial que se xunta como anexo III, salarios que foron incrementados nun 4% sobre as táboas do ano 1999.

Os salarios para o período que vai desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001 figuran na táboa salarial que se xunta como anexo IV, salarios que foron incrementados nun 2,5% sobre as táboas do ano 2000.

Establécese para o último período de vixencia, o que vai desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001 unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2001 supere o incremento pactado do 2,5%, no exceso da indicada cifra e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2001.

Complementos salariais

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por anos de servicio na empresa.

O persoal comprendido no presente convenio, percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistentes no aboamento de cuadrienios na contía que figura, para cada categoría profesional, na táboa de retribucións vixente en cada vencemento.

Cada cuadrienio aboarase, a razón do importe que figure, para cada categoría profesional, nas táboas de retribucións, no momento do vencemento, con carácter fixo, ata o transcurso do tempo fixado para que se cumpra outro cadrienio, que se aboará, igualmente, ó importe citado nas táboas de retribucións, para cada categoría profesional, esta cantidade acumularase á que tivera recoñecida con anterioridade polo concepto sinalado de aumentos periódicos por anos de servicio na empresa.

A todo o persoal afectado polo presente convenio recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada polo concepto de antigüidade, ata a entrada en vigor do presente convenio, cantidade que manterá fixa e á que haberá que ir acumulando, en cada momento, os importes dos cuadrienios que se vaian adquirindo, no transcurso do tempo, calculados de acordo co que se estipula no presente artigo.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do Nadal e 25 de xullo serán equivalentes ó importe dunha mensualidade cada unha. Aboaranse nas datas seguintes:

-A de 25 de xullo, o día laborable inmediatamente anterior a esta data.

-A do Nadal, o 22 de decembro, e se este fora festivo, o día laboral inmediatamente anterior a esa data.

Tales gratificacións calcularanse a razón de salario base mensual de convenio, máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio. O importe das ditas gratificacións será prorrateable en proporción ó tempo traballado durante o ano, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidente de traballo, vacacións e permiso retribuídos.

Así mesmo, o persoal que levase dous anos prestando servicios na empresa, ó tempo de ser incorporado ó servicio militar, ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe das ditas gratificacións.

Artigo 12º.-Gratificacións por participación en beneficios.

O importe da gratificación por participación en beneficios será, como mínimo, de trinta días de salario base mensual de convenio, máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio.

Esta gratificación aboarase dentro do primeiro trimestre do ano. O importe da dita gratificación será rateable en proporción ó tempo traballado durante o ano, computándose como tal o correspondente á enfermidade xustificada, accidente de traballo, vacacións e permisos retribuídos.

Así mesmo, o persoal que levase dous anos prestando servicios na empresa ó tempo de ser incorporado ó servicio militar, ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe da dita gratificación.

Indemnizacións non salariais

Artigo 13º.-Promoción cultural.

Con esta finalidade, as empresas aboarán ós seus traballadores media mensualidade por ano. O seu aboamento efectuarase dentro da primeira quincena do mes de outubro, e a súa contía será a de quince días de salario base máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio. Esta mensualidade non será cotizable para efectos de Seguridade Social e accidentes de traballo.

Artigo 14º.-Sobresoldo de transporte.

Establécese un sobresoldo de transporte que percibirán os traballadores, calquera que sexa a súa categoría profesional, por día efectivamente traballado nas seguintes contías:

1998: 271 pesetas.

1999: 279 pesetas.

2000: 290 pesetas.

2001: 297 pesetas.

Este sobresoldo aboarase tamén durante as vacacións.

Artigo 15º.-Quebranto de moeda.

Aqueles traballadores que, habitualmente, teñan a responsabilidade de efectuar operacións monetarias, en moeda de curso legal, fóra da empresa, terán unha compensación económica por quebranto de moeda nas seguintes contías:

1998: 3.334 pesetas.

1999: 3.431 pesetas.

2000: 3.568 pesetas.

2001: 3.657 pesetas.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Aqueles traballadores comprendidos neste convenio percibirán por este concepto a partir da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia as seguintes cantidades:

1998:

* Axuda de custo completa: 3.346 pesetas.

* Media axuda de custo: 1.706 pesetas.

1999:

* Axuda de custo completa: 3.443 pesetas.

* Media axuda de custo: 1.755 pesetas.

2000:

* Axuda de custo completa: 3.581 pesetas.

* Media axuda de custo: 1.825 pesetas.

2001:

* Axuda de custo completa: 3.671 pesetas.

* Media axuda de custo: 1.871 pesetas.

Artigo 17º.-Liquidación por cesamento.

1. Cando o traballador cause baixa na empresa aboaraselle o importe da liquidación de salarios que legalmente lle corresponda, incluído o importe das gratificacións extraordinarias e o de vacacións en proporción ó tempo traballado desde que se devengou a correspondente gratificación ou se desfrutaron as oportunas vacacións.

2. As empresas aboarán ós traballadores que, tendo a idade que seguidamente se expresa e máis de 10 anos de antigüidade na empresa, causen baixa voluntaria nela, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 12 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mesualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 9 mesualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 8 mesualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 65 anos: 6 mesualidades.

Estas mensualidades serán calculadas sobre o salario base.

Para a súa percepción, terán que solicitarse no prazo de tres meses dentro do cumprimento da idade correspondente.

Dereitos sociales

Artigo 18º.-Incapacidade temporal.

As empresas complementarán as prestacións por IT ata o 100% de salario real nos seguintes casos:

a) Hospitalización do traballador, desde que se inicie ata que remate.

b) Accidente de traballo e enfermidade profesional, desde o día seguinte ó de inicio da baixa.

Artigo 19º.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.

De conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, e para o caso de que os traballadores incluídos no ámbito persoal do presente convenio colectivo de traballo, con 64 anos cumpridos, desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, as empresas afectadas por este convenio, obríganse a concede-la dita xubilación, e, ó amparo do citado real decreto, substituír a cada traballador xubilado por outro traballador, ben perceptor do seguro de desemprego ou mozo demandante do primeiro emprego, mediante un contrato de igual natureza ó extinguido.

No suposto sinalado no parágrafo precedente, o traballador xubilado ó amparo do Real decreto 1194/1985 non terá dereito, aínda reunindo os requisitos para iso, ó premio de constancia previsto no presente convenio.

Artigo 20º.-Póliza de seguros.

As empresas suxeitas a este convenio contratarán, unha vez publicado este convenio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, a favor dos seus traballadores un seguro que cubra os riscos de invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, e morte, derivados de accidente de traballo, nas contías que se indican. Os incrementos que se establecen nestas contías con respecto ó convenio anterior terán efectos a partir dos trinta días da publicación do convenio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

-Morte: 2.500.000 pesetas.

-Invalidez permanente: 3.000.000 de pesetas.

Outras materias

Artigo 21º.-Delimitacións das funcións do conductor.

-Chofer de primeira é o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos

dos que, para o seu manexo, se esixe permiso de conducir de primeira especial ou primeira, coida da súa conservación, debendo repara-las pequenas avarías, tanto en ruta coma no garaxe, transporta, reparte, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, debendo participar na carga e descarga.

-Chofer de segunda é o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos dos que, para o seu manexo, se esixe o permiso de conducir de segunda ou terceira clase, coida da súa conservación, debendo repara-las pequenas avarías, tanto en ruta coma en garaxe, transporta, reparte, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, debendo participar na carga e descarga.

O conductor de primeira terá a categoría de oficial de primeira e o de segunda de oficial de segunda.

Artigo 22º

Os conductores ós que como consecuencia de conducir un vehículo da empresa se lles retire o seu permiso de conducir, a empresa comprometerase a ocupalos noutro servicio dela, por tempo non superior a tres meses, aínda que sexa de categoría profesional inferior, percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación no suposto de reincidencia dentro da vixencia do convenio; quedan excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir como consecuencia da inxestión de bebidas alcohólicas.

Artigo 23º.-Comisión mixta paritaria.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano -integrado por 7 representantes da asociación empresarial asinante, 3 de UGT, 3 de CC.OO. e 1 da CIG, igualmente asinantes- cumprirán as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. Caso de non chegarse a acordo nesta comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 24º.-Dereritos sindicais.

As empresas comprendidas neste convenio comprométense a respecta-lo pleno exercicio da liberdade sindical, tal e como sinala a Lei orgánica de liberdade sindical e demáis lexislación vixente, e concretamente a:

-Non discrimina-los delegados de persoal e membros do comité de empresa na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desempeño da súa representación.

-Neste sentido, poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do

proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social.

-Nas empresas de ata 100 traballadores, os delegados de persoal terán dereito a un crédito de 180 horas sindicais, en cómputo anual, e retribuídas conforme o establecido no Estatuto dos traballadores. Estas horas poderán desfrutarse nun número máximo de 16 horas mensuais, sen que poida excederse do cómputo anual sinalado.

-No suposto de formar parte da comisión negociadora do convenio seralle facilitado permiso para asistir ás reunións que para o efecto se convoquen, sen que estas horas sexan computadas dentro do crédito ordinario.

Artigo 25º.-Contratación eventual do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

No uso da posibilidade prevista no artigo 1.4º da Lei 63/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concerta-los contratos eventuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a trece meses e medio, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Disposición derradeira

O pagamento dos atrasos que procedan como consecuencia da publicación do presente convenio, farase efectivo no prazo de dous meses contados a partir da publicación do presente convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I (pesetas)

Táboa salarial convenio comercio de mobles

e obxectos decorativos

Vixencia 1-1-1998 ó 31-12-1998

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

105.2042711.711.6915.256

Xefe de almacén e similares97.7542711.596.2164.887

Encargado establecemento-vendedor92.0532711.507.8514.582

Corredor de praza-viaxante90.2992711.480.6644.500

Dependente91.1792711.494.3044.557

Dependente maior100.3842711.636.9815.011

Axudante78.9032711.304.0263.939

* Persoal admvo. técnico non

titulado propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

92.4912711.514.6404.619

Oficial administrativo91.1792711.494.3044.558

Auxiliar administrativo91.1762711.494.2574.544

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista93.8072711.535.0384.693

Xefe de taller89.8632711.473.9064.494

Oficial de 1ª91.1792711.494.3044.559

Oficial de 2ª88.5482711.453.5234.430

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

Axudante ou mozo especializado82.8452711.365.1274.126

Mozo78.9022711.304.0103.933

* Persoal subalterno

Cobrador88.1082711.446.7034.397

Persoal de limpeza (ptas./hora)465

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas

ANEXO I (euros)

Vixencia 1-1-1998 ó 31-12-1998

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

632,291,6310.287,4731,59

Xefe de almacén e similares587,511,639.593,4529,37

Encargado establecemento-vendedor553,251,639.062,3627,54

Corredor de praza-viaxante542,711,638.898,9727,05

Dependente548,001,638.980,9427,39

Dependente maior603,321,639.838,4530,12

Axudante474,221,637.837,3523,67

* Persoal admvo. técnico non

titulado e persoal admvo.

propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

555,881,639.103,1727,76

Oficial administrativo548,001,638.980,9427,39

Auxiliar administrativo547,981,638.980,6727,31

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista563,791,639.225,7628,21

Xefe de taller540,091,638.858,3527,01

Oficial de 1ª548,001,638.980,9427,40

Oficial de 2ª532,181,638.735,8526,62

Axudante ou mozo especializado497,911,638.204,5824,80

Mozo474,211,637.837,2623,64

* Persoal subalterno

Cobrador529,541,638.694,8626,43

Persoal de limpeza (ptas./hora)2,79

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas

ANEXO II (pesetas)

Vixencia 1-1-1999 ó 31-12-1999

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

108.2552791.761.3745.408

Xefe de almacén e similares100.5892791.642.5515.029

Encargado establecemento-vendedor94.7232791.551.6284.715

Corredor de praza-viaxante92.9182791.523.6504.631

Dependente93.8232791.537.6784.689

Dependente maior103.2952791.684.4945.156

Axudante81.1912791.341.8824.053

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal admvo. técnico non

titulado e persoal admvo.

propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

95.1732791.558.6034.753

Oficial administrativo93.8232791.537.6784.690

Auxiliar administrativo93.8202791.537.6314.676

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista96.5272791.579.5904.829

Xefe de taller92.4692791.516.6914.624

Oficial de 1ª93.8232791.537.6784.691

Oficial de 2ª91.1162791.495.7194.558

Axudante ou mozo especializado85.2482791.404.7654.246

Mozo81.1902791.341.8664.047

* Persoal subalterno

Cobrador90.6632791.488.6984.525

Persoal de limpeza (ptas./hora)478

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas

ANEXO II (euros)

Vixencia 1-1-1999 ó 31-12-1999

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

650,631,6810.586,0732,50

Xefe de almacén e similares604,551,689.871,9330,22

Encargado establecemento-vendedor569,301,689.325,4728,34

Corredor de praza-viaxante558,451,689.157,3227,83

Dependente563,891,689.241,6328,18

Dependente maior620,821,6810.124,0130,99

Axudante487,971,688.064,8724,36

* Persoal admvo. técnico non

titulado e persoal admvo.

propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

572,001,689.367,3928,57

Oficial administrativo563,891,689.241,6328,19

Auxiliar administrativo563,871,689.241,3528,10

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista580,141,689.493,5229,02

Xefe de taller555,751,689.115,4927,79

Oficial de 1ª563,891,689.241,6328,19

Oficial de 2ª547,621,688.989,4527,39

Axudante ou mozo especializado512,351,688.442,8125,52

Mozo487,961,688.064,7824,32

* Persoal subalterno

Cobrador544,901,688.947,2527,20

Persoal de limpeza (ptas./hora)2,87

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas

ANEXO III (pesetas)

Vixencia 1-1-2000 ó 31-12-2000

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

112.5852901.831.7785.624

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

Xefe de almacén e similares104.6132901.708.2125.230

Encargado establecemento-vendedor98.5122901.613.6464.904

Corredor de praza-viaxante96.6352901.584.5534.816

Dependente97.5762901.599.1384.877

Dependente maior107.4272901.751.8295.362

Axudante84.4392901.395.5154.215

* Persoal admvo. técnico non

titulado e persoal admvo.

propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

98.9802901.620.9004.943

Oficial administrativo97.5762901.599.1384.878

Auxiliar administrativo97.5732901.599.0924.863

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista100.3882901.642.7245.022

Xefe de taller96.1682901.577.3144.809

Oficial de 1ª97.5762901.599.1384.879

Oficial de 2ª94.7612901.555.5064.740

Axudante ou mozo especializado88.6582901.460.9094.416

Mozo84.4382901.395.4994.209

* Persoal subalterno

Cobrador94.2902901.548.2054.706

Persoal de limpeza (ptas./hora)497

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas

ANEXO III (euros)

Vixencia 1-1-2000 ó 31-12-2000

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

676,651,7411.009,2033,80

Xefe de almacén e similares628,741,7410.266,5631,43

Encargado establecemento-vendedor592,071,749.698,2129,47

Corredor de praza-viaxante580,791,749.523,3528,94

Dependente586,441,749.611,0129,31

Dependente maior645,651,7410.528,7032,23

Axudante507,491,748.387,2125,33

* Persoal admvo. técnico non

titulado e persoal admvo.

propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

594,881,749.741,8129,71

Oficial administrativo586,441,749.611,0129,32

Auxiliar administrativo586,431,749.610,7329,23

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista603,341,749.872,9730,18

Xefe de taller577,981,749.479,8528,90

Oficial de 1ª586,441,749.611,0129,32

Oficial de 2ª569,531,749.348,7828,49

Axudante ou mozo especializado532,851,748.780,2426,54

Mozo507,481,748.387,1225,30

* Persoal subalterno

Cobrador566,691,749.304,9028,28

Persoal de limpeza (ptas./hora)2,99

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas

ANEXO IV (pesetas)

Vixencia 1-1-2001 ó 31-12-2001

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

115.4002971.877.5035.765

Xefe de almacén e similares107.2282971.750.8375.361

Encargado establecemento-vendedor100.9752971.653.9165.027

Corredor de praza-viaxante99.0512971.624.0944.936

Dependente100.0152971.639.0364.999

Dependente maior110.1132971.795.5555.496

Axudante86.5502971.430.3284.320

* Persoal admvo. técnico non

titulado e persoal admvo.

propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

101.4552971.661.3565.067

Oficial administrativo100.0152971.639.0365.000

Auxiliar administrativo100.0122971.638.9894.985

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista102.8982971.683.7225.148

Xefe de taller98.5722971.616.6694.929

Oficial de 1ª100.0152971.639.0365.001

Oficial de 2ª97.1302971.594.3184.859

Axudante ou mozo especializado90.8742971.497.3504.526

Mozo86.5492971.430.3134.314

* Persoal subalterno

Cobrador96.6472971.586.8324.824

Persoal de limpeza (ptas./hora)509

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas

ANEXO IV (euros)

Vixencia 1-1-2001 ó 31-12-2001

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal merc. técnico non titulado

e persoal propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e

encargado xeral

693,571,7911.284,0234,65

Xefe de almacén e similares644,451,7910.522,7432,22

Encargado establecemento-vendedor606,871,799.940,2430,21

Corredor de praza-viaxante595,311,799.761,0029,67

Dependente601,101,799.850,8030,04

Dependente maior661,791,7910.791,5033,03

Axudante520,181,798.596,4425,96

* Persoal admvo. técnico non

titulado e persoal admvo.

propiamente dito

Contable, caixeiro ou

taquimecanógrafo

609,761,799.984,9530,45

Oficial administrativo601,101,799.850,8030,05

Auxiliar administrativo601,081,799.850,5229,96

* Persoal de servicio e actividades

auxiliares

Escaparatista618,431,7910.119,3730,94

Xefe de taller592,431,799.716,3829,62

Oficial de 1ª601,101,799.850,8030,06

Oficial de 2ª583,761,799.582,0429,20

Axudante ou mozo especializado546,161,798.999,2527,20

Mozo520,171,798.596,3525,93

Categoría profesionalSoldo baseComp.

transp.

(1)

Retr. anoCuadr.

mes

(2)

* Persoal subalterno

Cobrador580,861,799.537,0528,99

Persoal de limpeza (ptas./hora)3,06

(1) O complemento de transporte anual está calculado en función de 299 días

laborables (incluídas vacacións) de luns a venres

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas