Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.671

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 2001 pola que se autoriza a baixa da escola de música Adesa, de Samos (Lugo), no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse, en escolas específicas, estudios de música ou danza, que en ningún caso poderán conducir á obtención de títulos con

validez académica ou profesional. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo, establece no seu artigo 1 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

A escola de música Adesa, de Samos (Lugo), foi inscrita no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde do 27 de setembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 7 de novembro).

A asociación para o desenvolvemento de Samos (Adesa), titular desta escola de música, solicita a baixa no citado rexistro por cesamento das súas actividades.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo informa favorablemente sobre esta petición.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música Adesa, de Samos (Lugo), segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Samos.

Localidade: Samos.

Enderezo: praza de España, 3. Antiga casa do concello.

Código do centro: 27016583.

Titular: asociación para o desenvolvemento de Samos.

Denominación xenérica: escola de música.

Denominación específicia: Adesa.

Autorización de baixa no Rexisto de Escola de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia por cesamento de actividades.