Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xuño de 2001 pola que se autoriza a modificación de ensinanzas do centro privado Montecastelo de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado Montecastelo de Vigo, solicitando a reducción de 6 unidades de educación primaria e 2 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Resultando que segundo a Orde do 12 de marzo de 1998 (DOG do 13 de abril), obtivo autorización para 12 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria e 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais, e tecnoloxía.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la modificación de ensinanzas ó centro privado Montecastelo de Vigo (Pontevedra), reducindo 6 unidades de educación primaria e 2 unidades de educación secundaria obrigatoria, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Doutor Paz Pardo, 84, A Gandariña.

Código do centro: 36011191.

Denominación: Montecastelo.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza Sociedad Anónima.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

a) Centro de educación primaria: 6 unidades.

b) Centro de educación secundaria: -6 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

c) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas. 2 unidades para 30 alumnos/unidade.-1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo. 2 unidades para 30 alumnos/unidade.

Quenda de tarde-noite:- 1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos. 2 unidades para 30 alumnos/unidade.-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas. 2 unidades para 30 alumnos/unidade.