Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación de obra pública.

Aprobados os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares para a contratación das obras do proxecto de acondicionamento do pavillón polideportivo municipal, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, se ben esta se aprazará no suposto de producirse reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de acondicionamento do pavillón polideportivo municipal.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 180.000 pesetas. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial vixente.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avda. Madrid número 2, código postal 27640 Becerreá (Lugo), teléfono 982

36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-finaceira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1º e 7.2º do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: decimoterceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo en no DOG , tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

9. Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme modelo que figura como anexo II de prego.

Sobre B, subtitulado perosonalidade xurídica, conterá a documentación sinalada na cláusula 11.2º do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá. avda. Madrid número 2.

Prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

Adminisión de variantes: admítese a formulación de variantes en relación co proxecto aprobado, tanto cualitativas como cuantitativas. Estas melloras deberán ofertarse segundo se establece na cláusula 11.1º.d) do prego.

10. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivio se devenguen.

Becerreá, 4 de xuño de 2001.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente