Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

Tendo adquirido os traballos de redacción do Plan xeral de ordenación urbana o grao de desenvolvemento suficiente que permite fixa-las directrices, obxectivos e solucións xerais de planeamento, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de 45 días hábiles, contados a partir do día seguinte á aparición do presente anuncio no DOG, co obxecto de que poida ser examinado por entidades e particulares, que poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O Barco de Valdeorras, 1 de xuño de 2001.

Alfredo L. García Rodríguez

Alcalde