Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.621

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xuño de 2001 pola que se procede á execución da sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 17 de xaneiro de 2001, e se dispón a publicación dunha aspirante que debe incluírse na relación de admitidos das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, do corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), lista A2.

Advertido erro na exposición de motivos da devandita orde publicada no DOG nº 126, do 29 de xuño, cómpre face-la seguinte corrección.

Onde di: «De conformidade e en execución do disposto na resolución da sentencia dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, (...)», debe dicir: «De conformidade e en execución do disposto na resolución da sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (...)».