Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.538

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (28/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 28/1001, seguidos por instancia de José A. García e outros contra Talleres Rey, S.A. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 4-6-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por José A. García Uzal e Outros, contra a empresa Talleres Rey, S.A:, debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ós demandantes seguintes cantidades: a José A. García Uzal 142.200 pesetas, a Francisco García López 26.200 pesetas; a Manuel Villanustre Ces 483.200 pesetas, a Luis Vázquez Vázquez 240.800 pesetas, a Agustín Hernández Bailón 250.400 pesetas, a Manuel Rey Pérez 712.400 pesetas, a Manuel Fernández Prego 556.400 pesetas, a Fernando Cruz Rey 419.6000 pesetas, a Jesús Campos Carracedo 487.200 pesetas, a Emilio Moreira Millar 291.400 pesetas, a Salvador Sánchez Becerra 162.800 pesetas, a Juan José Rama Rodríguez 124.800 pesetas, a José Luis Martínez Naya 300.200 pesetas, a Manuel Sánchez Vilachán

275.800 pesetas, a María A. Díaz Rivas 612.000 pesetas, a José Manuel Faguet López 574.392 pesetas, a Venancio Vilariño Platas 909.360 pesetas, a Francisco Vega Sanjuan 130.560 pesetas e a María Luisa Buján Vázquez 138.252 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, sen os cales requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentencia, defintivamente xulgado na primeira instancia, pronúncio, mandoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Talleres Rey, S.A. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Severo Ochoa, 14-16, A Grela, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 4 de xuño de 2001.

Secretario xudicial

Rubricado