Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 6 de xullo de 2001 pola que se abre unha segunda convocatoria de solicitude de concesión de subvencións a asociacións sen fins de lucro para actividades de distribución, loxística e promoción comercial, en desenvolvemento do programa cuadrienal do sector comercial retallista de Galicia para o ano 2001.

O pasado día 8 de marzo de 2001 (DOG nº 48) publicouse a Orde do 27 de febreiro de 2001, pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións sen fins de lucro para actividades de distribución, loxística e promoción comercial, en desenvolvemento do programa cuadrienal do sector comercial retallista de Galicia.

Á vista da importancia dos fins perseguidos pola citada Orde do 27 de febreiro de 2001 e de acordo coa posibilidade de ampliación recolida no seu artigo 3, faise aconsellable a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes que posibilite a presentación de novos proxectos.

De acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desen

volve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Nova convocatoria.

Establécese a apertura dun novo prazo de vinte días hábiles a partir da entrada en vigor desta orde para a presentación de novas solicitudes que teñan o seu fundamento en actividades subvencionables ó abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2001 (DOG 48, do 8 de marzo), pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións sen fins de lucro para actividades de distribución, loxística e promoción comercial, e que non foran subvencionadas ó amparo desta.

Artigo 2º.-Obxecto e regulación das subvencións.

As subvencións reguladas nesta orde teñen por obxecto o investimento dirixido á distribución, loxística e mellora da promoción do comercio e dos productos galegos, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma como nos mercados nacionais e internacionais, e que se executen a partir do 1 de xaneiro de 2001.

No referente ós beneficiarios, actividades subvencionalles, criterios de adxudicación, contía das subvencións e demais disposicións reguladoras quedan

establecidas pola citada Orde do 27 de febreiro de 2001, pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións sen fins de lucro para actividades de distribución, loxística e promoción comercial.

O prazo máximo para dictar e notificarlles ós interesados a resolución expresa será de tres meses contados desde a entrada en vigor desta orde. Ó vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo.

Artigo 3º.-Financiamento.

As novas solicitudes atendidas imputaranse á aplicación orzamentaria 08.04.753-A.781.0. Transferencias de capital. Familias e institucións sen fins de lucro. Distribución loxística e promoción comercial.

Aplicación orzamentaria: 08.04.753 A 781.0.

Cantidade: 48.479.289 pesetas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Comercio e Consumo para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio