Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de xuño de 2001 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación Residencia Tercera Edad de Chantada.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Residencia Tercera Edad de Chantada, con domicilio en Chantada (Lugo).

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo, o día 27 de marzo de 1980, ante o notario Pedro Fernández Bilbao, co número setecentos corenta e un do seu protocolo por Teresa Iregui Madinabeitia, Daniel de Castro Trebolle, María de los Dolores Araceli Moro Menéndez, José Rodríguez López, Ángel Gómez Montero, Manuel Vázquez Gómez, Manuel Ángel Méndez Blanco, Pablo Araujo Vázquez, Faustino Fernández Vázquez, Juan Manuel Méndez Otero e José Luis Losada López; interveñen Teresa Iregui Madinabeitia como Superiora Provincial de Madrid en nome e representación do Instituto das Hermanas Mercedarias de la Caridad, Daniel de Castro Trebolle en nome e representación da parroquia de Santa Mariña de Chantada, na súa calidade de cura ecónomo da mesma parroquia, María de los Dolores Araceli Moro Menéndez en nome e representación do Concello de Chantada, e os restantes no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é:

a) O mantemento dunha residencia da terceira idade na vila de Chantada; a dotación de material adecuado ó seu funcionamento, conservación de edificios e adquisición de inmobles adecuados a aquel fin.

b) O mantemento de persoal necesario para o funcionamento da residencia.

c) A promoción de actividades conducentes a crear no seo da residencia un ambiente favorable á convivencia dos residentes.

d) Acoller no seo da residencia a tódalas persoas que pola súa idade ou situación especial non dispoñan doutras persoas, medios ou lugares onde poidan ser atendidos.

4. O padroado da fundación estará composto polas persoas indicadas no artigo 10 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación Residencia Tercera Edad de Chantada, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei

anterior, de réxime das fundacións de intese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 27 de xuño de dous mil un.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-social Fundación Residencia Tercera Edad de Chantada adscribíndoa á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil un.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública