Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Donón-Cabo do Home.
Situación: Cangas.
Caracteríticas técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 649 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. á L.S. C.T.S. de Cabo do Home e Donón, entre as derivacións ó C.T. de
Viño e ó C.T. Cabo do Home, ata o C.T. existente de Donón, con concello de Cangas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 18 de maio de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra