Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade do acordo do 11 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para extracción de lousas e cuarcitas do aproveitamento da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Fócara.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante esta publicación, ó acordo do 11 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para extracción de lousas e cuarcitas do aproveitamento de recursos da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Fócara, sita en terreos do concello de Samos, provincia de Lugo, promovido por Pizarras A Fócara, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 4,06 ha, no monte de Arrastradoiro, Xestadelo, Riba da Pena e A Fócara Nova, sito no lugar de Vigo do Real, parroquia de Renche do concello de Samos, da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x=639.728, y=4.732.284, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 11 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo