Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construcción da obra de acondicionamento da estrada AC-101, treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez (fase II ), clave N/AC/96.3.2, termos municipais de Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desen

volvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 6 de febreiro de 2001, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras: proxecto de construcción da obra de acondicionamento da estrada AC-101, treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez, (fase II) clave: N/AC/96.3.2, termos municipais de Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 22 de febreiro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 55/2001, publicado no DOG nº 51, con data de 13 de marzo de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello das Pontes de García Rodriguez.

Data: 6 de agosto de 2001.

Horario: 10.30 horas a 13.30 horas

De: Acibo López, hdos. Manuel a Doce Barro, Edmundo.

Data: 7 de agosto de 2001.

Horario: 10.30 horas a 13.30 horas

De: Dopico Chao, Luis a López Montero, Mª Dolores.

Data: 8 de agosto de 2001.

Horario: 10.30 horas a 13.30 horas

De: López Vilaboy, José Luis a Vilaboy Caaveiro, Estrella.

Casa do Concello de Ortigueira.

Data: 9 de agosto de 2001.

Horario: 10.30 horas a 11.30 horas

De: Castro Lago, Manuel e outros a Ramil Sierra, Felicita e outro.

Casa do Concello de Mañon.

Data: 9 de agosto de 2001.

Horario: 12.15 horas a 13 horas.

Sánchez Sánchez, Adolfo.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez, respectivamente e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña (Praza Luís Seoane s/n 8ª planta) 15071-A Coruña.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 2 de xullo de 2001.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas