Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o inicio do expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Taramundi e Vegadeo, V-1706.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e normas de desenvolvemento, iniciouse expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Taramundi e Vegadeo, V-1706, da titularidade de Empresa Acebras Rico, S.L.

A concesión que se vai substituír denominarase PAR-502, Vegadeo-Santo André de Logares.

Os interesados ou afectados no expediente poderán constituírse en parte no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Ronda da Muralla, 70-edf. adtivos.), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente de substitución é tramitado pola Consellería de Infraestructuras e Política Territorial do Goberno do Principado de Asturias, correspondendo á Comunidade Autónoma de Galicia informar en relación cos tráficos que teñen orixe ou destino no seu territorio.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes