Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 9 de xullo de 2001 pola que se determinan os servicios mínimos que hai que manter durante a folga convocada na empresa Transportes la Unión, S.A.

Ante a convocatoria de folga presentada na empresa Transportes La Unión, S.A. os días 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de xullo, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 16, 17, 18, 23, 24, 25, 30 e 31 de agosto de 2001 procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en sintonía co establecido no artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio lexítimo do dereito de folga dos traballadores con mantemento dos servicios esenciais para a comunidade.

Na súa virtude e de conformidade co establecido no Decreto 6/1985, do 18 de abril, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os servicios mínimos que deberán manterse durante a folga convocada pola empresa Transportes La Unión, S.A. serán os seguintes:

a) Servicios concesionais:

1. Concesión: V-7023; XG-397.

Concesionario: Transportes La Unión, S.A.

-Entre Pontevedra, Cangas, Bueu, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, con anexos.

* Marín-Cangas-Vigo, pola A-9.

Días laborables:

Saídas de Marín: 7.55 h.

* Bueu-Beluso-A Portela-Vigo, pola A-9.

Luns a venres laborables:

Saídas de Bueu: 7.25 h.

* Marín-Cadrelo-A Fraga-Moaña-Vigo, pola A-9.

Luns a venres laborables:

Saídas de Marín: 8.45 h.

Saídas de Vigo: 11 h.

* Pontevedra-Cangas, pola autovía de Marín.

Diario.

Saídas de Pontevedra: 11 h.

Saídas de Cangas: 9 e 20.30 h.

* Pontevedra-Couso, polo Alto de Dorrón e Armenteira.

Luns a sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 12.30 e 19.45 h.

Saídas de Couso: 7.30 h.

* Cangas-Vigo (Bouzas).

Luns a venres laborables:

Saídas de Cangas: 6.50 e 20.30 h.

Saídas de Bouzas (Vigo): 6.50 e 21 h.

Sábados laborables:

Saídas de Cangas: 7.30 e 21.30 h.

Saídas de Bouzas (Vigo): 9 e 21.30 h.

Domingos e festivos:

Saídas de Cangas: 9 e 21.30 h.

Saídas de Bouzas (Vigo): 10 e 21.45 h.

* Pontevedra-Cangas, por Bueu.

Luns a venres laborables:

Saídas de Pontevedra: 7 e 20.40 h.

Saídas de Cangas: 6.45 e 20.30 h.

Sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 7.45 e 20.40 h.

Saídas de Cangas: 6.45 e 20.30 h.

Domingos e festivos:

Saídas de Pontevedra: 10.10 e 20.40 h.

Saídas de Cangas: 9.30 e 20.30 h.

* Pontevedra-O Grove, por Vilalonga e A Toxa.

Luns a sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 7.45 e 21.10.

Saídas do Grove: 6.30 e 21 h.

Domingos e festivos:

Saídas de Pontevedra: 9.30 e 21.10 h.

Saídas do Grove: 8.30 e 21 h.

* Pontevedra-Portonovo:

Diario:

Saídas de Pontevedra: 8.20 h.

Saídas de Portonovo: 7.30 h.

* Pontevedra-Portonovo-A Lanzada-O Grove.

Luns a sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 8.30 e 20.30 h.

Saídas do Grove: 7 e 20.30 h.

* Pontevedra-Campelo-San Xoán de Poio.

Luns a sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 7 e 19.30 h.

Saídas de San Xoán de Poio: 8.05 e 20.15 h.

* Pontevedra-Campañó de Arriba, por San Xoán de Poio.

Luns a venres laborables:

Saídas de Pontevedra: 7.35 e 19.30 h.

Saídas de Campañó de Arriba: 7.55 e 20 h.

Sábados laborables:

Saídas de Campañó de Arriba: 9 h.

* Pontevedra-Praia de Mogor-Praia de Aguete-Loira.

Luns a sábados laborables:

Saídas de Loira: 19 e 20 h.

* Pontevedra-San Vicente do Mar-San Vicente, pola Lanzada.

Diario:

Saídas de San Vicente: 6.45 h.

* Pontevedra-Soutonovo, por San Xoán de Poio.

Luns a venres laborables:

Saídas de Pontevedra: 7 e 20 h.

Saídas de Soutonovo: 7.30 e 20.20 h.

Sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 7 h.

Saídas de Soutonovo: 7.30 h.

* Pontevedra-Portonovo-Aios-Noalla.

Luns a venres laborables:

Saídas de Pontevedra: 12 h.

Saídas de Noalla: 8.05 h.

* Pontevedra-Nanín.

Luns a venres laborables:

Saídas de Nanín: 7.40 h.

* Pontevedra-Cangas, por Moaña:

Luns a venres laborables:

Saídas de Pontevedra: 7 e 20.20 h.

Saídas de Cangas: 7.20 e 18.20 h.

Sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 12.15 e 20.20 h.

Saídas de Cangas: 8.40 e 21.30 h.

Domingos e festivos:

Saídas de Pontevedra: 12.15 e 20.20 h.

Saídas de Cangas: 21.30 h.

* Pontevedra-Vilalonga, polo Alto de Dorrón, Meaño, Xil e cruzamento de Castrelo.

Luns a venres laborables:

Saídas de Pontevedra: 13.05 e 18.45 h.

Saídas de Vilalonga: 7.30 h.

Sábados laborables, domingos e festivos:

Saídas de Pontevedra: 13.05 h.

Saídas de Vilalonga: 7.30 h.

* Pontevedra-Montecelo (Residencia).

Luns a venres laborables:

Saídas de Pontevedra: 7.30, 8.35, 18.35 e 21.30 h.

Saídas de Montecelo (Residencia): 8.15, 9, 18 e 19 h.

Sábados laborables:

Saídas de Pontevedra: 7.30 e 8.35 h.

Saídas de Montecelo (Residencia): 8.15, 9 e 18 h.

* San Vicente-Vigo, pola A-9.

Diario:

Saídas de San Vicente: 6.45 h.

* O Grove-Portonovo-Vigo, pola A-9.

Diario:

Saídas do Grove: 9.45 h.

Saídas de Vigo: 9.30 e 19.15 h.

* Pontevedra-A Toxa-O Grove, pola A-9 e vía rápida do Salnés.

Diario:

Saídas de Pontevedra: 13.15 h.

Saídas do Grove: 7.30 h.

* Pontevedra-Sanxenxo.

Sábados laborables:

Saídas de Sanxenxo: 6 h.

b) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros.

Tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9 horas e posteriores ás 18 horas.

c) Servicios regulares de uso especial para transporte de escolares e estudiantes.

Deberanse manter tódolos servicios de escolares e estudiantes que afecten a niveis de ensino obrigatorio nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres lectivos.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde, será sancionado de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 3º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora do dereito de folga lles recoñece ós traballadores.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivienda