Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.339

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se prorrogan as bolsas para formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes nas especialidades agrarias.

A Orde do 14 de abril de 2000, conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento, recollía no anexo V a concesión de dúas bolsas de formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes nas especialidades agrarias. No punto 3.2 das correspondentes bases establecíase a posibilidade de que as bolsas concedidas podían ser prorrogadas automaticamente por un novo período de 12 meses, trala presentación polos interesados de determinada documentación.

Considerando que os dous bolseiros ós que foron outorgadas as bolsas por Resolución do 27 de xuño de 2000 (DOG do 5 de xullo).

González Martínez, Juan Carlos

Aguión Sandá, Mª de los Ángeles

Cumpren os requisitos previstos na convocatoria e solicitaron as prórrogas das súas bolsas en tempo e forma adecuados

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-la prórroga das bolsas para formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes nas especialidades agrarias para o período do 1 de xuño de 2001 ó 31 de decembro de 2001 (7 meses) ós bolseiros:

González Martínez, Juan Carlos

Aguión Sandá, Mª de los Ángeles

Segundo.-O financiamento do custo das dúas bolsas farase con cargo ó concepto orzamentario 04.07.-

432A.480.0 do orzamento de gastos do exercicio corren-

te da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvol-

vemento.

Terceiro.-No caso de existir crédito adecuado e suficiente, estas bolsas poderán prorrogarse automaticamente por un novo período de 5 meses (xaneiro-maio 2002), imputándose, nese caso, o correspondente custo á aplicación 09.02.432A.480.0.

Cuarto.-No caso de producirse a renuncia ás prórrogas citadas no punto primeiro quedarán estas desertas.

Quinto.-Esta resolución pon fin á vía administrativa, contra esta poderán os interesados interpoñer potes-

tativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 17-4-2000)

Miguel A. Ríos Fernández Manuel López Casas

Secretario xeral de Director xeral de

Investigación e DesenvolvementoDesenvolvemento Rural