Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 21 de maio de 2001, acordou:

1. Aprobar inicialmente a delimitación de polígono na avda. Val Miñor, A Angustia, Nigrán, segundo documentación técnica elaborada polos arquitectos Julio Chamosa Martín, Santiago Castro Paz e José Antonio González González, sinalándose como sistema de actuación o de cooperación, mediante a reparcelación.

2. Estudia-la formación do correspondente estudio de detalle para o dito ámbito, co fin de pormenoriza-los volumes en que se concretará o aproveitamento do referido polígono, con vistas ó reparto de beneficios e cargas.

3. Suspende-lo outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no citado ámbito, ó amparo do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Durante o prazo de 20 días exponse ó público co obxecto de que poida examinarse o expediente e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes.

Nigrán, 25 de maio de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde