Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, procédese a publicar este acordo, indicándose expresamente que durante un mes, contado desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG estará exposto ó público o dito expediente na Secretaría do concello para ser examinado e presentar se é o caso.

6. Expediente do Plan parcial Aeral-1.

(Non se transcribe a parte expositiva).

Considerando que a competencia desta aprobación inicial lle corresponde á Comisión de Goberno por delegación da Alcaldía do 12 de xullo de 1999.

Vistos os artigos 42.1º, 42.6º e 46 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia así como preceptos concordantes desta norma e do resto da normativa aplicable.

A Comisión de Goberno, por unanimidade dos seus membros, acordou:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan parcial do Areal-1, de iniciativa particular de Erosmer Ibérica, S.A., redactado polo arquitecto José Enrique Pérez Ardá Criado, con data de marzo de 2000, e cos documentos que forman parte del, así como o plan de tráfico que se xunta, coas modificacións que resultan do escrito de alegacións do 15 de xuño de 2001, e o documento de emenda de deficiencias con data de xuño de 2001.

Segundo.-Expoñer ó público o dito expediente polo prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG; publicarase tamén nun xornal de ámbito provincial polo menos, para que durante esta poida ser examinado e presenta-las alegacións ou reclamacións que se consideren convenientes.

Terceiro.-Suspende-lo outorgamento de licencias urbanísticas en todo o ámbito de actuación do Plan parcial Areal-1.

Cuarto.-Este acordo notificaráselles ós donos de propiedades afectadas polo ámbito de actuación do Plan parcial Areal-1, e ás demais entidades que conforme a normativa vixente procede.

Lalín, 25 de xuño de 2001.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente