Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.264

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de carpintería de ribeira, con nº de código 3600205, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-5-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 11-5-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Esta

tuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en amteria de traballo, esta delegación provincial,

ACUERDA:

Primero.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de carpintería de ribeira da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

1. Son partes asinantes do presente convenio, en representación empresarial: a Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (Asema), e, representando os traballadores, as centrais sindicais: Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG).

2. Ámbalas dúas partes se recoñecen mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

1. Territorial: afectará a tódalas empresas da provincia de Pontevedra.

2. Funcional: o convenio é de aplicación a tódalas empresas do sector de carpintería de ribeira incluídas no anexo I, ámbito funcional do convenio estatal do sector da madeira, BOE do 20 de maio de 1996.

3. Persoal: afectará á totalidade do persoal que preste os seus servicios nas empresas afectadas.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia.

1. Terá unha duración desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001. A vixencia será a da totalidade da súa duración.

Co fin de evita-lo baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata a sinatura do convenio que o substitúa.

2. A denuncia que propoña a revisión do presente convenio deberá presentarse por calquera das partes deliberantes cunha antelación mínima de tres meses; desta comunicación enviarase copia, para efectos de rexistro, á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos seus pactos. Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolve-lo problema suscitado.

Artigo 5º.-Condiciones máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio, se establece co carácter de mínimas.

Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa, que no seu conxunto impliquen condicións máis beneficiosas respecto ás convidas, serán respectadas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de doce membros que serán designadas por metade por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) Cantas outras funcións de maior eficacia práctica do presente convenio se deriven do estipulado no seu texto e anexos que forman parte del.

Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por maioría das partes e aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fora interpretada.

Como trámite que será previo e preceptivo a toda a actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes signatarias do presente convenio obríganse a poñer en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puideran suscitarse coa interpretación e aplicación deste convenio colectivo, sempre que sexa da súa competencia conforme o establecido no punto anterior, a fin de que mediante a súa intervención, se resolva o problema suscitado, ou, se iso non fora posible, emita dictame ó respecto.

Este trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte punto, sen que emitise resolución ou dictame.

Establécese que as cuestións propias da súa competencia que se promovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita, e o seu contido será o suficiente para que poida examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda asistiren ó propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se formule á Comisión.

Ó escrito-proposta xuntarase cantos documentos se entendan necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

A comisión poderá pedir por vía de ampliación canta información ou documentación coide pertinente para unha mellor e máis completa información do asunto, para este efecto concederáselle un prazo ó propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fora posible, emiti-lo oportuno dictame.

Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

Cando sexa preciso evacuar consultas, o prazo poderá ser ampliado no tempo que a propia comisión determine.

Artigo 7º.-Condicións xerais de ingreso.

1. O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que prevexa a lexislación e conforme ela, entregando copia deste contrato ó interesado.

2. Realizaranse por escrito as prórrogas que se formalicen así como o preaviso de terminación do contrato.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios.

3. A empresa, antes do seu ingreso poderá realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e preparación son as axustadas á categoría profesional e posto de traballo que vaia desenvolver.

4. O empresario entregaralles, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

5. As empresas quedan obrigadas a publicar no seu taboleiro de anuncios o modelo TC-2 correspondente ó último mes en que se fixera efectiva a liquidación.

Artigo 8º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato fixo de cadro de persoal o que se concerte entre a empresa e o traballador, para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Artigo 9º.-Contrato de formación.

É o contrato subscrito ó abeiro do artigo 11.2º do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, que ten por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación.

1. Poderase celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 anos que carezan da titulación requirida para realizar un contrato en prácticas.

2. O contido do contrato, igual que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figurará nel de modo claro a actividade ou profesión obxecto da aprendizaxe.

3. Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. A duración mínima do contrato será de 6 meses e a máxima de 3 anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

4. A formación teórica atenderá ás seguintes consideracións:

-O tempo dedicado a ela deberase alternar co de traballo efectivo e será como mínimo dun 15% da xornada.

-Cando non sexa posible a formación presencial, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

-No caso de que algunha empresa incumpra na súa totalidade as súas obrigas en materia de formación teórica, deberá aboar ó traballador o 100% do salario.

-O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

-No caso de cesamento na empresa, entregarase ó traballador un certificado referente á formación práctica e teórica adquirida, na que constará a súa duración.

5. A retribución do traballador contratado para a formación será o establecido nas táboas salariais deste convenio para a dita categoría, e en ningún caso poderá ser inferior ó 75%, 85% e 95%, do

salario do axudante do convenio colectivo, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato, respectivamente.

Artigo 10º.-Contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Por acordo entre empresa e traballador, este poderá xubilarse á idade de 64 anos e a empresa terá a obriga de contratar un traballador que o substitúa co obxecto de que o primeiro poida acollerse ós beneficios establecidos no R.D. 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidera substituílo.

A representación dos traballadores e a empresa pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será a de 65 anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 11º.-Contatos eventuais por circunstancias da producción.

É o contrato celebrado ó abeiro do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta cando as circunstancias do mercado, a acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

1. A duración máxima pode ser de 12 meses nun período de 15 meses, contados a partir do momento en que se produzan as causas.

2. Os contratos de duración inferior a seis meses poderán prorrogarse cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen limitación temporal ningunha.

3. Ó remate do contrato, a empresa estará obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de 20 días de salario por ano de servicio ou a parte proporcional que corresponda.

Artigo 12º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

É o contrato celebrado ó abeiro do artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta para a realización dunha obra ou servicio determinados, cunha autonomía e substantividade propia dentro da actividade, e a execución da cal, aínda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta.

1. Poderanse realizar contratos ó abeiro do artigo 15.1º a) do ET, é dicir, para obra ou servicio determinados, para as seguintes actividades:

a) Traballos de reparación das instalacións.

b) Para a realización dunha obra ou servicio determinado, con substantividade propia fóra das instalacións da empresa, mesmo tratándose da actividade normal dela, incluíndose os labores na propia empresa inherentes á súa preparación.

c) Traballos de rematantes, serradoiros e industrias da madeira auxiliares de actividades agrarias, tales como envases e paletas para productos hortofrutícolas.

2. Ó remate do contrato, a empresa estará obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de 20 días de salario por ano de servicio ou a parte proporcional que corresponda.

Artigo 13º.-Contrato para o fomento da contratación indefinida.

É o contrato celebrado ó abeiro do Real decreto-lei 8/1997, segundo redacción dada na disposición adicional primeira da Lei 63/1997, co obxecto de facilita-la colocación estable de traballadores desempregados e de empregados suxeitos a contratos temporais.

1. O contrato poderase concertar con traballadores incluídos nun dos grupos seguintes:

a) Traballadores desempregados nos que concorra algunha das seguintes condicións:

-Mozos desde 18 ata 29 anos de idade, ambos inclusive.

-Parados de longa duración que leven, polo menos, un ano inscritos como demandantes de emprego.

-Maiores de 45 anos de idade.

-Minusválidos.

b) Os traballadores que, na data de celebración do novo contrato, estiveran empegados na mesma empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, existentes na data de entrada en vigor do Real decreto-lei 8/1997, do 16 de maio, ou que se subscriban con posterioridade.

2. O contrato concertarase por tempo indefinido e formalizarase por escrito.

3. Cando o contrato se extinga por causas obxectivas e a extinción sexa declarada improcedente, a contía da indemnización á que se refire o artigo 53.5º do ET, na súa remisión para os efectos do despedimento disciplinario previsto no artigo 56 do mesmo texto legal, será de 33 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e ata un máximo de 24 mensualidades.

Artigo 14º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación do seu correspondente convenio colectivo. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta a disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

Artigo 15º.-Xornada.

1. A xornada laboral ordinaria será de 40 horas semanais de traballo efectivo realizadas de luns a venres, equivalentes a mil setecentas setenta e seis (1.776) horas de traballo efectivo en cómputo anual.

2. Nas empresas poderase pacta-la distribución variable da xornada máxima anual. En ningún caso se poderán realizar máis de nove horas ordinarias ó día.

3. Non obstante, o establecido nos parágrafos anteriores, cando na mañá do sábado se teña que efectuar unha operación de varada ou lanzamento dun buque, o persoal necesario para realizala, a xuízo da empresa e do delegado de persoal, estará obrigado a iso, para o cal se lle avisará o día anterior. Para estes efectos entenderase como media xornada un máximo de catro horas.

4. Naquelas empresas nas que estea establecida a súa xornada de traballo de forma continuada, os traballadores terán dereito a un descanso de quince minutos, coñecido como tempo de bocadillo e que para tódolos efectos, será considerado como traballo efectivo.

5. Con vixencia exclusiva para 2001, para adapta-la xornada ás 1.776 horas anuais acordadas, os días 17 de maio, 15 de outubro, 2 de novembro, e 24 e 31 de decembro fíxanse como festivos de convenio e remunerables para tódolos efectos. Non obstante, estes días poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores.

Artigo 16º.-Salarios.

Os soldos ou salarios do presente convenio serán os que figuran na táboa anexa.

Artigo 17º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos de consumo establecido polo INE rexistrara o 31 de decembro de 2001 un incremento superior ó 3%, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constante oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos de primeiro de xaneiro de 2001 servindo, por conseguinte, como base de cálculo para o incremento salarial de 2002 e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados no dito ano. A revisión salarial realizarase sobre os conceptos retributivos que figuran no convenio.

A porcentaxe de revisión resultante gardará en todo caso, a debida proporción en función do nivel salarial pactado inicialmente en cada convenio, a fin de que aquel se manteña idéntico no conxunto dos doce meses.

A revisión salarial aboarase nunha soa paga durante o primeiro trimestre de 2002.

Artigo 18º.-Antigüidade consolidada.

En virtude do establecido no artigo 50 do convenio estatal da madeira, recollido no artigo 17º do con

venio colectivo de carpintería de ribeira da provincia de Pontevedra para 1996 (BOP nº 193, do 4-10-1996, DOG nº 193, do 2 de outubro), a tódolos traballadores afectados polo presente convenio que o 31 de decembro de 1996 viñeran percibindo o complemento persoal de antigüidade consolidada, manteráselle-lo dito concepto e contía.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

1. Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengase o salario base.

2. Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño; paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

3. A contía destas pagas extraordinarias é a que figura nas táboas salariais deste convenio, incrementada, no caso que proceda, co complemento de asistencia e a antigüidade que corresponda.

4. A paga de marzo establecida neste convenio seguirase aboando na forma que se realizou ata a data e a razón de vintesete (27) días para tódalas categorías sobre os salarios da táboa anexa, aboándose o día laboral inmediatamente anterior ó 19 de marzo, nas mesmas condicións que as gratificacións de verán e Nadal. O devengo da paga de marzo será do 1 de marzo ó 28 de febreiro.

5. Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

1. Son horas extraordinarias de forza maior aquelas que teñan unha realización motivada por un acontecemento extraordinario orixinado por causas alleas á propia actividade empresarial: incendio, inundación, explosión, derruba, etc.

2. Son horas extraordinarias estructurais as necesarias para pedir pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade, sempre que non poida ser substituída pola utilización de modalidades de contratación previstas na lei.

3. As horas extraordinarias, en todo caso pola súa natureza, serán voluntarias, excepto as que teñan a súa causa en forza maior.

4. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá 80 ó ano.

5. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 50% sobre o valor da hora ordinaria.

b) As realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do que se pacte en cada empresa e sempre será superior ó valor da hora extra en día laborable.

6. O valor da hora ordinaria (VHO) calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

Sb/d*(365+PE)

VHO=

Jornada laboral máxima ordinaria

Siendo Sb/d = Salario nase día.

PE = Días pagas extra.

7. Poderase optar entre aboa-las horas extraordinarias, conforme o previsto no número 1 deste artigo ou compensalas co tempo de descanso retribuído. Se se exerce esta última opción, por cada hora extraordinaria realizada nun día laborable haberá que compensa-lo traballador con 1 hora e 30 minutos de descanso retribuído; se a hora extraordinaria se realiza en día non laborable a compensación regulamentaria consistirá no valor equivalente en descanso en que teña a hora extraordinaria nos casos en que se opte pola súa retribución.

No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o desfrute deste será sempre o pactado entre o empresario e o traballador.

Artigo 21º.-Complemento de transprote.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un complemento de transporte a distancia para cada día efectivamente traballado, repartido de luns a venres, a razón de 629 pesetas diarias. Non se terá dereito a este complemento os días que se traballe menos de media xornada. No caso de traballar un sábado pagarase a parte proporcional, sendo o mínimo media xornada.

Artigo 22º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas que non entreguen ós seus traballadores as ferramentas necesarias para a realización do seu traballo e foran propiedade destes, aboarán en compensación do desgaste delas 255 pesetas por día traballado.

Artigo 23º.-Complemento de asistencia.

Establécese un plus de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 4.276 pesetas e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador non estea a toque de serea, ou similar á disposición do encargado para comeza-la súa xornada laboral.

Tamén se entenderá falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

Non obstante o parágrafo anterior, para efectos do complemento de asistencia, a primeira falta de puntualidade non se computará en tanto non exceda de 30 minutos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 25% do premio.

5. Os permisos e licencias establecidos no ET e convenio estatal do sector da madeira non serán considerados como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde do empresario teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoctas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa con pernoita: 6.050 ptas.

-Axuda de custo completa: 3.520 ptas.

-Media axuda de custo: 1.650 ptas.

2. Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso será pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación do traballador.

3. Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non aboará cantidade ningunha por estes conceptos ós traballadores.

Artigo 25º.-Traballos penosos, molestos e tóxicos.

As empresas que teñan efectuada a avaliación de riscos e planificada a súa prevención polos medios ou entidades legalmente establecidas, coa participación do comité ou delegados de prevención segundo a Lei de prevención de riscos, así como cando se desenvolvan tarefas nun centro de traballo alleo que conte coa avaliación de riscos elaborada pola empresa principal, aplicarán o incremento establecido a continuación naqueles postos que na relación de tarefas e traballos sexan considerados ou presenten riscos específicos.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos deberáselles aboar un incremento do 30% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuaran durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15%, aplicado ó tempo realmente traballado.

2. As cantidades iguais ou superiores ó incremento fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas serán respectadas sempre que foran concedidas polos conceptos de penosidade, toxicidade ou perigosidade, e neste caso non será esixible o pagamento dos incrementos fixados neste artigo.

3. Se por calquera causa desapareceran as condicións de especial penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo, por tanto, carácter consolidable.

4. Por conseguinte, o sinalado, e cara ás dificultades que existen para a aplicación practica do disposto nos parágrafos anteriores, que require o control pormenorizado dos tempos e supostos de exposición ós riscos, a empresa que non teña establecido un control de tempos de exposición, de acordo co delegado ou delegados de persoal, pagará a cantidade de 350 pesetas por día efectivo de traballo a tódolos traballadores incluídos nos epígrafes de xeral e pintura da táboa de salarios do convenio.

Artigo 26º.-Vacacións.

Fíxase o período de vacacións en 30 días naturais para tódalas categorías afectadas polo presente convenio, que se farán efectivas sobre o salario que se fixa na táboa anexa do convenio, incrementándose a dita cantidade cos aumentos de antigüidade e complemento de asistencia. Para efectos de distribución e adecuación da xornada anual de 1.776 horas de traballo efectivo para o ano 2001, durante el, vintedous días de vacacións, como mínimo, serán laborables. Non se computarán para efectos vacacionais os días fixados neste convenio como retribuídos e non laborables.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da súa baixa na empresa, se lles integre o importe da remuneración correspondente á parte das vacacións devengadas e non desfrutadas correspondentes a todo o contrato en vigor.

Pola contra, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para os efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que

manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio se aplicará para os supostos de cesamento por conclusión de contrato.

Se no momento en que a un traballador lle correspondese, por estar así establecido, o inicio do período vacacional e se encontrase en situación de IT por calquera motivo, terá dereito ó aprazamento do seu desfrute, de común acordo coa empresa.

Artigo 27º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, polo tempo e nas condicións establecidas no anexo II, cadro de permisos e licencias.

O aviso previo será sempre obrigatorio, agás supostos e situacións excepcionais e imprevisibles que non permitan avisar da ausencia, caso que se acreditará no seu momento suficentemente.

Artigo 28º.-Accidentes de traballo.

As empresas aboaranlles ós productores accidentados por traballo, a partir do primeiro día do accidente, a diferencia que exista entre a prestación económica que perciba do seguro e a cantidade declarada para efectos de cotización á Seguridade Social na súa base de accidentes de traballo.

Artigo 29º.-Enfermidade.

As empresas aboaranlles ós traballadores a partir do décimo quinto día de enfermidade e mentres o pagamento da IT se ralice a través da empresa, a diferencia que exista entre a prestación que perciban da mesma e a cantidade declarada para efectos de cotización á Seguridade Social.

As empresas están obrigadas a aboa-lo 50% do seu salario durante os catro primeiros días da primeira baixa de cada ano. Para asistir ó médico especialista o traballador terá dereito a catro horas ó día por cada unha das ocasións en que deba acudir a el, e nos casos do médico de cabeceira terá dereito a dispor de ata 16 horas ó ano.

Artigo 30º.-Baixa hospitalaria.

No caso de baixa hospitalaria, as empresas complementarán desde o primeiro día a prestación económica por incapacidade temporal que aboe a Seguridade Social ou a Mutualidade Patronal ata o 100% da base de cotización, mentres o pagamento da IT sexa a cargo da empresa.

Entenderase por baixa hospitalaria estar un mínimo de dous días no hospital.

Artigo 31º.-Revisión médica.

Tódalas empresas estarán obrigadas a concertar unha revisión médica anual para os seus traballadores. Estes disporán, durante a xornada laboral e sen perda de retribución, do tempo necesario para efectua-lo mencionado recoñecemento. Os gastos de desprazamento necesarios correrán a cargo da empresa.

Artigo 32º.-Acción asistencial das empresas.

A todo o persoal da empresa que, levando como mínimo cinco anos de antigüidade nela e tendo cumprida a idade mínima pensionable, solicite e obteña da mutualidade a xubilación regulamentaria, a empresa entregaralle un premio de vinculación consistente no importe dunha mensualidade da retribución asignada para a súa categoría profesional na táboa de salarios do presente convenio, incrementada cos aumentos da antigüidade.

Por outra parte, terán dereito ó premio indicado no parágrafo anterior os traballadores que, tendo unha antigüidade como mínimo de dez anos, sexan declarados polo organismo competente na situación de invalidez permanente para a profesión habitual ou para todo traballo.

Artigo 33º.-Axuda por falecemento.

No caso de falecemento dun traballador, debido a enfermidade común ou accidente non laboral, as empresas complementarán ata trinta días a axuda por defunción que con carácter xeral establece en quince días o Decreto do 2 de marzo de 1944, aboándose esta axuda no mesmo modo e contía que establece o dito decreto e cando o traballador falecido deixe algún dos familiares que a continuación se expresan segundo a orde de relación seguinte: viúva, descendentes lexítimos, lexitimados, ilexítimos ou naturais recoñecidos, menores de 18 anos ou inútiles para o traballo, irmáns orfos menores da mencionada idade que estivesen ó seu cargo, solteiras ou viúvas, ascendentes pobres sen dereito á pensión, con tal que sexan sesaxenarios.

Artigo 34º.-Indemnización por morte ou invalidez.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes con primas integradas ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral con resultado de morte: 2.250.000 pesetas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente: 2.750.000 pesetas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez absoluta ou gran invalidez: 3.250.000 pesetas.

Artigo 35º.-Roupas de traballo.

As empresas entregaranlles ós seus productores dúas fundas ou buzos e dous pares de botas de seguridade homologadas, por ano, ó cabo do cal pasarán a ser propiedade do traballador.

Artigo 36º.-Seguridade no traballo.

Tódolos traballadores están obrigados a levar e utiliza-las medidas de seguridade e protección que facilite a empresa, para evita-lo accidente de traballo. Especialmente significa a obriga de leva-lo casco de protección e as botas de seguridade.

O incumprimento do presente artigo por parte dos traballadores considérase como falta e será sancionado segundo a lexislación vixente.

As empresas obríganse ó cumprimento inescusable das normas de Seguridade e Saúde Laboral, de acordo co establecido na Lei de prevención de riscos laborais, responsabilizándose da dotación das medidas de prevención axeitadas ás actividades que hai que realizar, así como de desenvolver actuacións e potenciar hábitos preventivos.

Artigo 37º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa e delegados de persoal terán, como representantes legais dos traballadores, dereito a dispor de 16 horas mensuais retribuídas como máximo para o exercicio das súas funcións de representación. Non obstante o parágrafo anterior, poderán acumularse cada mes as horas dos distintos membros do comité de empresa e, se é o caso, dos delegados de persoal, nun ou varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total, podendo ser revezado ou revezados do traballo sen prexuízo da súa remuneración.

As saídas efectuadas deberán de xustificarse debidamente.

Artigo 38º.-Locomoción.

Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento a un centro de traballo distinto do habitual, xa sexa poñendo medios propios a disposición do traballador, xa aboándolle a compensación correspondente. No caso de que o traballador teña que usar medios alleos ós da empresa, esta aboaralle 30 ptas. por quilómetro percorrido.

Artigo 39º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo

(AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 40º.-Lexislación subsidiaria.

Ámbalas partes deliberantes se comprometen a observa-la normativa xeral vixente e o convenio estatal do sector da madeira, BOE do 20-5-1996.

Disposición adicional

O presente convenio colectivo redactarase nas dúas linguas oficiais de Galicia e publicarase da mesma forma no BOP.

ANEXO I

Táboa salarial

Salario baseAntigüidade

consolidada

Xeral
-Encargado 4.462 235
-Calafate 3.914 206
-Axudante de calafate 3.817 201
-Oficial 1º 4.164 220
-Oficial 2º 3.914 206
-Axudante 3.817 201
-Peón especializado 3.782 199
-Peón 3.734 197
-Aprendiz 2º ano 3.217 170
-Aprendiz 1º ano 3.011 159

Sección pintura
-Encargado 4.164 220
-Oficial 1º 3.914 206
-Oficial 2º 3.873 204
-Axudante 3.817 201

Administrativos
-Xefe173.6469.157
-Oficial 1º153.1348.075
-Oficial 2º124.1316.545
-Auxiliar administrativo111.4015.874
-Aspirante 91.5064.825

Subalternos
-Porteiros e almacenista108.2205.707

ANEXO II

Motivo de licenciaTempo máximoConceptos que se devengaránXustificantes

Salario

base

Pagas

extras

Compl.

antig.

Incent.

(1)

Compl.

convenio

Compl.

posto

traballo

Compl.

non

salariais

Falecemento de fillos e cónxuxeDez días naturaisSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Falecemento de pais, avós, netos, irmáns e sogrosTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avósTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticosDous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticosDous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito

Nacemento de fillo ou adopciónTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNonLibro de familia ou certificado de xulgado

Matrimonio do traballadorQuince días naturaisSiSiSiSiSiNonNonLibro de familia ou certificado oficial

Cambio de domicilio habitualUn día laborableSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Deber inescusable de carácter público ou persoalO indispensable ou o que marque a normaSiSiSiSiSiSiNonXustificante da asistencia

Lactación ata 9 mesesAusencia dunha hora ou dúa fraccións de media hora; reducción de xornada en media horaSiSiSiSiSiSiNonLibro de familia ou certificado de adopción

Traslado (art. 40 ET)Tres días laborablesSiSiSiSiSiSiNon

Matrimonio de fillosO día naturalSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Funcións sindicais ou de representación de traballadoresO establecido na normaSiSiSiSiSiSiSiO que proceda

(1) Media percibida no mes anterior