Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.263

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001 pola que se lle dá publicidade ó acordo do tribunal encargado de avalia-las probas para a obtención do certificado CE de formación para os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, no que se elevan a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos, e se fixa o horario das probas.

De conformidade co previsto na base 3ª.4 da Resolución do17 de febreiro de 2001 pola que se con

vocan as probas citadas, o tribunal designado para a súa avaliación adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Unha vez publicadas as listas provisionais de admitidos e excluídos para tomar parte nas probas e finalizado o prazo establecido para que os aspirantes excluídos achegasen a documentación non presentada no seu momento, elevar a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos.

Segundo.-Fíxase o horario das probas do seguinte modo:

As portas de entrada na sala onde se realizarán os exercicios abriranse 30 minutos antes de cada un procedéndose ó seu peche e comezo do exercicio á hora indicada.

Modalidade por estrada:

Aspirantes a tódalas clases: 16 h.

Clase 1: 16 h.

Clase 2: 11.30 h.

Clase 7: 11.30 h.

Clase 3 e máis: 9.30 h.

Materias líquidas nº 1.202-1.203 e 1.223: 18 h.

Modalidade por ferrocarril:

Aspirantes a tódalas clases: 9.30 h.

Clase 1:

Clase 2: 9.30 h.

Clase 7:

Clase 3 e máis:

Materias líquidas nº 1.202-1.203 e 1223:

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Carlos González Rodríguez

Presidente do tribunal