Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000678/2001, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000678/2001, interposto pola

Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de marzo de 2001, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente (DOG nº 64, do 30 de marzo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública