Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.255

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 20 de marzo de 2001, da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona, de notificación de providencia de constrinximento (referencia 01.2.11.003).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realizárlle-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican

na relación que segue, e tentadas aquelas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítase os citados interesados, especificados na dita relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Unidade de Recadación para Débedas de Menor Contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT en Barcelona, situada no Passeig de Josep Carner 33, planta baixa, de Barcelona, para que poidan ser notificados regulamentariamente.

En caso de non compareceren no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 20 de marzo de 2001.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación

de Barcelona

Relación que se cita: 012111003.

NomeNIFProcedementoReferenciaUnidadeLugar de personación

Santoro García de la Parra, Car.35989878FInicio de procedemento de constrinxim.C1100000540149533Rec. Menor ContíaPs. Josep Carner 33, planta baixa, Barcelona