Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión do 13 de xuño de 2001, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, con carácter de urxencia, das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas de xeral aplicación do Concello de Xove, (BOP nº 188 do 24 de maio de 1996), coas modificación introducidas pola Lei 53/1999, do 28 de decembro, para o contrato das características que se indican a seguir:

1. Proxecto: reparación de cubertas de piscina e polideportivo.

2. Tipo de licitación: 12.020.730 pesetas equivalentes a 72.246,04 euros, IVE incluido.

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 1 mes.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposición e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n 27870 Xove), facilitarase así mesmo copia do prego de de condicións en persoa, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais; desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: 240.415 pesetas (1.444,92 euros).

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiación e pagamento: obra financiada con fondos propios e achega da Consellería de Xustiza.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996).

Xove, 26 de xuño de 2001.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario