Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO.

O Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 14 de xuño de 2001, acordou aproba-lo prego de condicións económico-administrativas que rexerán a poxa de adxudicación de parcelas con fins industriais no polígono industrial de Cabanelas, así como convocar poxa pública para a adxudicación de cinco parcelas das características que se indican no devandito prego.

1. Obxecto do contrato.-Adxudicación das parcelas no polígono industrial de Cabanelas, que se indican a continuación, e cos lindes que figuran no informe do técnico municipal e no acordo sinalado anteriormente, para fins industriais:

Parcela nº 1.-Parcela industrial cunha superficie de 2.440 m (dous mil catrocentos corenta metros cadrados), con forma aproximada triangular, que linda ó norte, coa vía de ampliación do polígono industrial pola que ten acceso e parcela Ángel García Reboredo; sur, con parcela de Prefabricados Mondragón (hoxe Salnespán, S.L.); leste, con parcela da Ecoplanta do Salnés e oeste, coa vía de ampliación do polígono industrial pola que ten acceso.

Parcela nº 2.-Parcela industrial cunha superficie de 826 m (oitocentos vinteseis metros cadrados), con forma rectangular, que linda ó norte, con terreos do polígono industrial de Cambados; sur, coa parcela nº 3 que se describe a continuación; leste, coa vía de acceso ó polígono industrial de Cambados polo que ten acceso e oeste, con parcela de Carlos Núñez Reboredo.

Parcela nº 3.-Parcela industrial cunha superficie de 2.520 m (dous mil cincocentos vinte metros cadrados), con forma rectangular, que linda ó norte, con terreos da parcela nº 2 que se describe anteriormente; sur, coa parcela de Carlos Núñez Reboredo; leste, coa vía de acceso ó polígono industrial de Cambados polo que ten acceso e oeste, coa parcela de Carlos Núñez Reboredo.

Parcela nº 4.-Parcela industrial cunha superficie de 10.006 m (dez mil seis metros cadrados), con forma case rectangular, que linda ó norte, co polígono industrial de Cambados; sur, coa parcela nº 5 que

se describe a continuación; leste, coa vía de acceso ó polígono industrial e oeste, con zona verde do polígono industrial, situada a nivel máis baixo.

Parcela nº 5.-Parcela industrial cunha superficie de 4.000 m (catro mil metros cadrados), con forma trapezoidal, que linda ó norte, coa parcela nº 4 descrita anteriormente; sur, camiño perimetral de acceso á zona verde situada a nivel máis alto; leste, coa vía do polígono industrial polo que ten acceso e oeste, con zona verde do polígono industrial, situada a nivel máis alto.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

3. Tipo de licitación.

O tipo de licitación establécese en función do número de metros cadrados da parcela; obterase multiplicando o número destes por 3.500 pesetas.

Teranse en conta as prescricións ó respecto establecidas, obrigacións da corporación, en relación coas subvencións concedidas pola corporación en función do número de postos de traballo, que vaian crear.

4. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do tipo de licitación.

Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

Nas oficinas do Concello de Ribadumia.

6. Presentación de ofertas.

Data límite: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación: a esixida no prego de condicións epígrafe proposicións. Para poder acceder á subvención por metro cadrado xuntarase a documentación recollida no prego (epígrafe obrigacións da corporación).

Lugar: oficinas municipais, en horas de oficina.

7. Apertura de ofertas.

Lugar: no salón de sesións do concello.

Data e hora: ás trece horas do primeiro día hábil seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Modelo de proposición.

Axustarase ó modelo contido no anexo ó prego de condicións.

Ribadumia, 21 de xuño de 2001.

María Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa