Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 28 de xuño de 2001, aprobou definitivamente o Plan parcial de baixa densidad en S.U.B. de Outeiro de Rei, promovido por José María Castro Vázquez, de Lugo.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á derradeira publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP e ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Outeiro de Rei, 29 de xuño de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde