Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO para a licitación da selección dun socio privado para a constitución dunha empresa mixta-axencia de desenvolvemento local de Narón.

Obxecto: creación dun servicio de axencia de desenvolvemento local.

Lugar de execución: termo municipal de Narón.

Prazo do contrato: 25 anos.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento base de licitación: o adxudicatario desembolsará un capital correspondente ó 49% dos quince millóns de pesetas en que se fixa o capital da sociedade que se constitúa.

Garantía provisoria: 300.000 pesetas.

Información: Negociado de Contratación. Praza de Galicia, s/n, Narón.

Proposicións: data límite ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do último anuncio nun diario oficial (BOP e DOG).

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

Narón, 21 de xuño de 2001.

Xoán Gato Díaz

Alcalde