Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión do 13 de xuño de 2001, aprobouse a forma de adxudicación mediante poxa, para a concesión da autorización para a instalación das casetas e caldeiros do polbo, durante as festas do San Froilán-2001, por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a concesión da autorización para a instalación das casetas e caldeiros do polbo, durante as festas do San Froilán-2001.

b) Prazo de duración: a duración da ocupación será de 35 día naturais, contados a partir do 28 de setembro, finalizando, por tanto, o 1 de novembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: os prezos mínimos para a poxa serán os seguintes:

-Caseta nº 1: 2.625.000 pesetas. (15.776,57 euros).-Caseta nº 2: 2.100.000 pesetas. (12.621,25 euros).-Caseta nº 3: 1.575.000 pesetas. (9.465,94 euros).-Caseta nº 4: 1.680.000 pesetas. (10.097,00 euros).

-Caldeiro nº 1: 1.680.000 pesetas. (10.097,00 euros).-Caldeiro nº 2: 1.470.000 pesetas. (8.834,88 euros).-Caldeiro nº 3: 1.260.000 pesetas. (7.572,75 euros).-Caldeiro nº 4: 1.050.000 pesetas. (6.310,63 euros).

5. Garantías.

Provisionais:

150.000 pesetas (901,52 euros) por cada caseta á que se opte.

100.000 pesetas (601,01 euros) por cada posto de caldeiro ó que se opte.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidad e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 planta baixa.

3ª Localidad e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 26 de xuño de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área