Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Cervo ten aberto proceso de licitación para contrata-los servicios de explotación das instalacións da cafetería existente nas instalacións do Clube Deportivo Riocovo.

Tipo de licitación: 40.000 pesetas/mes, IVE incluído, mellorable á alza e que terá que aboa-lo adxudicatario.

O anuncio de licitación no modelo normalizado, publicarase no BOP de Lugo, data a partir da cal comezará a computa-lo prazo para presentar propostas. O prazo é de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do respectivo anuncio de licitación no BOP Lugo.

En calquera caso, para maior información: teléfono 982 55 77 77, Concello de Cervo (Lugo).

Cervo, 29 de maio de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde