Obxecto: contratación, mediante concurso público aberto, da subministración de equipos para o tratamento da información.
Orzamento da subministración: 7.800.000 pesetas (46.878,94 euros), IVE incluído, distribuído en dous lotes.
Lote I: aula informática da EGAP 3.800.000 pesetas (22.838,46 euros), IVE incluído.
Lote II: oficinas EGAP 4.000.000 de pesetas (24.048,48 euros), IVE incluído.
Prazo de execución: 1 mes, desde a sinatura do contrato.
Fianza provisional: dispensada.
Forma de tramitación: ordinaria.
Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, en sobre pechado, no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública, sito na rúa Madrid, 2-4, 15707 de Santiago de Compostela, ou por correo, do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, 15707 de Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=547.
Apertura de proposicións: en acto público, na sala de reunións da Escola Galega de Administración Pública, ás 12 horas do día 5 de setembro de 2001.
Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2001.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración Pública