Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Esta alcaldía-presidencia, con data do 31 de maio de 2001, dictou o seguinte decreto:

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante neste concello, segundo acordo da comisión municipal de Goberno do 11 de decembro de 2000 (DOG nº 64, do 30 de marzo de 2001), e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da fundación pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 20 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de mediadas para a reforma da función pública, e 36 e 51 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos e promoción profesional do persoal civil ó servicio da Administración do Estado, e no uso das facultades conferidas

no artigo 21.1º.k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante neste Concello de Vigo, anunciada por acordo da comisión municipal de Goberno do 11 de decembro de 2000 (DOG nº 64, do 30 de marzo, e BOE nº 91, do 16 de abril de 2001), unha vez seguido o procedemento legalmente establecido.

Segundo.-Adxudicar destino, e selecciona-lo funcionario/a que se indica no anexo I deste decreto, quen reúne plenamente os requisitos establecidos na convocatoria.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta resolución no DOG.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles, a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido na base sétima da convocatoria.

O cómputo destes prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lle fosen concedidas ó funcionario. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o órgano que a dictou no prazo dun mes, que se entenderá desestimado se transcorre outro sen contestarse.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses contado desde a correspondente notificación. Contra a desestimación presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se teña por desestimado, ante o mesmo órgano xurisdiccional.

Así mesmo, contra esta resolución poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a publicación desta resolución no DOG.

ANEXO

DNI: 76.809.872.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Santiso Gil, Avelina.

Denominación do posto de traballo: xefatura unidade técnica de medio ambiente.

Administración: Concello de Vigo.

Corpo ou escala: Administración especial.

Vigo, 26 de xuño de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente