Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual número 21 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, relativa ó sistema viario de conexión entre a autoestrada A-9 e rúa Sanjurjo Badía. (Expediente 6109/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 15 de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación pujtual nº 21 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo (expediente nº 6109/411), relativa ó sistema viario de conexión entre a autroestrada A-9 e a rúa Sanjurjo Badía.

Segundo.-Que se proceda á publicación do presente acordo no DOG e no BOP de Pontevedra, así como ás comunicacións e traslados previstos no artigo 48.3º da Lei do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 30 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo