Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

EXTRACTO de resolución de nomeamento de funcionarios.

Fanse públicos os nomeamentos dos funcionarios correspondentes á escala de Administración xeral seguintes:

1. Subescala auxiliar, como auxiliar administrativa, Begonia Presedo Soto, con DNI número 32.784.489-J.

2. Subescala administrativa, como administrativa, María Belén Monroy García, con DNI número 32.765.983-E, e Francisco Javier Piñeiro Rodríguez, con DNI nº 32.446.093-Q.

Os nomeamentos fixéronse por resolución desta alcaldía do 28 de maio de 2001, unha vez rematado o proceso selectivo.

Para adquiri-la condición de funcionarios de carreira deberán prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no Real decreto

707/1979, do 5 de abril, e tomar posesión no prazo de trinta días, contado a partir do seguinte ó da publicación da resolución do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Culleredo, 29 de maio de 2001.

Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior e Seguridade Cidadá