Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por acordo plenario do día 26-6-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con proce

demento aberto urxente, para a prestación dun servicio de actividades deportivas de motor e ocio mediante o arrendamento de instalacións, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prezo ou canon: 5.500.000 pesetas (33.055,67 euros) anuais.

Prazo de arrendamento: quince anos (15).

Fianza definitiva: 220.000 pesetas (1.322,23 euros).

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentarase nun sobre pechado conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 28 de xuño de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde