Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación, por concurso público e sistema aberto, da subministración e instalación de cinco radioenlaces PDH de 4x2 Mbps.

Orzamento da subministración: 34.000.000 de pesetas (204.344,11 euros), IVE incluído, dividido en catro lotes:

-Lote nº 1: 6.800.000 pesetas (40.686,82), IVE incluído.

-Lote nº 2: 6.800.000 pesetas (40.686,82), IVE incluído.

-Lote nº 3: 6.800.000 pesetas (40.686,82), IVE incluído

-Lote nº 4: 13.600.000 pesetas (81.737,64), IVE incluído.

Prazo de execución: tres meses dende a sinatura do contrato.

Fianza provisional: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 7.1.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 7.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.1.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería

de Cultura, Comunicación Social e Turismo a partir das 12 horas do quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contatación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=560.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo