Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras: obra 1: rede de camiños e obras de concentración da Insua de Zalaroia-Momán (Xermade), X-4599; obra 2: acondicionamento de predios na zona de C.P. de Árbol, 2ª fase (Vilalba-Lugo), X-4624; obra 3: rede de camiños principais da zona de C.P. de Fraíz (A Estrada-Pontevedra), X-4503; obra 4: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C.P. do Monte de Sante-Trabada, X-4558; obra 5: acondicionamento de predios e outras obras inherentes á C.P. de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo), X-4713; obra 6: rede de camiños da zona de C.P. de Mondoñedo norte (Mondoñedo), X-4628.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no DOG nº 124, do mércores 27 de xuño de 2001, é necesario face-las oportunas correccións:

Na páxina 8.672, no título da resolución, no punto 2. Obxecto do contrato, letra a), e no punto 4. Orza-

mento base de licitación, débese eliminar: «obra nº 2: acondicionamento de predios na zona de C.P. de Árbol, 2ª fase (Vilalba-Lugo), X-4624».