Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se fai pública a adxudicación de axudas para apoia-lo desenvolvemento de guións, así como a realización de proxectos de producción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores para o ano 2001.

Esta dirección xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican no anexo, concedidas no ano 2001 ó abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2001 (DOG nº 42, do 28 de febreiro) pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de guións e para a realización de proxectos de pro

ducción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Rosanna López Salgueiro

Directora xeral de Comunicación Social e Audiovisual

ANEXO

* Relación de axudas para o desenvolvemento de guións 2001.

-Longametraxes:

Milagros Bará Viñas. Escultor de calaveras. 2.000.000 de pesetas.

Roque Cameselle Capón. Bieito dubidoso. 2.000.000 de pesetas.

Héctor Diéguez González. Mis Vacas. 2.000.000 de pesetas.

Ricardo José Llovo Otero. Marejada. 1.000.000 de pesetas.

Manuel Alberto Guntín Araújo. Unha cuestión de Santidade. 1.000.000 de pesetas.

María Peña Hernández. O Embigo de Eva. 2.000.000 de pesetas.

José Enrique Rivadulla Conde. A Última Cea. 2.000.000 de pesetas.

* Relación de axudas para novos realizadores 2001.

-Curtametraxes:

José Manuel Bazarra Maneiro. Pasos previos a unha profunda depresión. 2.500.000 pesetas.

José Manuel Zapata Pérez. Toda clase de peles. 2.000.000 de pesetas.

Lorelei, S.L. O Trasto. 2.000.000 de pesetas.

Emma Lustres Gómez. As loiras os prefiren cabaleiros. 2.000.000 de pesetas.

Marcos Caruncho Núñez. Aphlar o Feiticeiro. 1.500.000 pesetas.

Producciones Vigo, S.L. A conquista da Vía Láctea. 2.000.000 de pesetas.

-Vídeo-creación:

María Belén Montero Rodríguez. O tempo perdido. 1.000.000 de pesetas.