Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 156/2001, do 7 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), para a ampliación do Instituto de Ensino Secundario República Oriental do Uruguay.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Vigo, reunido en sesión celebrada o día 29 de setembro de 2000, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia, unha parcela situada en Teis, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), para a ampliación do Instituto de Ensino Secundario República Oriental do Uruguay.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles sobrepase o seu valor intrínseco; ben que non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Vigo acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xuño de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dunha parcela que se describe como segue:

Parcela cunha superficie de 5.000 m, situada na parte suroeste do predio matriz, e coas seguintes

estremas: norte, resto da parcela inicial (na actualidade instituto Os Rosais); vivenda número 94 rúa Montecelo (na actualidade trav. de Montecelo); leste, resto parcela inicial (na actualidade instituto Os Rosais); oeste, rúa Montecelo.

A parcela está inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo, no tomo 2.095 do arquivo, no libro 1.056 de Vigo, folio 166, predio nº 64.574, inscrición 1ª, a favor do Concello de Vigo (Pontevedra).

Artigo 2º

A parcela cedida destinarase á ampliación do Instituto de Ensino Secundario República Oriental do Uruguay.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda