Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001 pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a naútica recreativa do porto de Meloxo.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde de 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para ocupación e utilización exclusiva de prazas de atracada nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Meloxo, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do

ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles e iniciarase o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, na sede central deste ente público, no enderezo antes mencionado.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na devandita sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportuno, relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia