Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001 pola que se lle concede ó Centro de Formación Marítima de Bamio a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I e IG-II.

Vista a solicitude presentada por Juan Viña en representación do Centro de Formación Marítima de Bamio e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teó

rico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupos IG-I e IG-II.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Concederlle ó Centro de Formación Marítima de Bamio a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas IGI e IGII, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde de 17 de decembro de 1985, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar a esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria