Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/90-2, 5174 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: c/ Sáenz Díez, 45, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T, C.T., R.B.T. en Pereira, Vilanova e A Rasela (Baleira).

Situación: Baleira.

Características técnicas: 4 liñas de media tensión ós centros de transformación de Pereira, Vilanova, Vilardoi, A Rasela cunhas loxintudes respectivas de 1.385, 1.656, 421, 28 metros, todas elas a 20 kV e sobre apoios de formigón en conductor LA-56. 4 centros de transformación de intemperie de Pereira, Vilanova, Vilardoi, A Rasela, os catro de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. 4 redes de baixa tensión aéreas de Pereira-Montouto, Vilanova-A Azoreira, Vilardoi-Rebedul, A Rasela-Córneas-Escanlar-Surriba, cunhas lonxitudes respectivas de 785,

1.265, 1.515, 510 metros, e todas elas a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 22 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo