Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.045

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xuño de 2001 pola que se regulan e protexen os datos de carácter persoal existentes na Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas secretarías xerais dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

No artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE, nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Na súa virtude, a Consellería da Presidencia e Administración Pública,

DISPÓN:

Primeiro.-Mediante a presente orde a Consellería da Presidencia e Administración Pública crea os ficheiros especificados nos anexos, que conteñen a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Segundo.-O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigacións recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os que se refire o anexo só serán utilizados para ós fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

ANEXO

Ficheiros de nova creación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

PR801A, Axudas de carácter social ou humanitario.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestiona a concesión de axudas, de carácter paliativo, a persoas físicas ou xurídicas por razón de interese social ou humanitario, fundamentadas no acontecemento de feitos imprevisibles e de urxente atención.

b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

c) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

-Datos de características persoais: datos do estado civil, datos de familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade, características físicas.

-Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento, vivenda, propiedades, posesións.

-Datos relativos ó emprego: postos de traballo, datos non económicos da nómina, historial do traballador.

-Datos económico-financeiros: ingresos, bens patrimoniais, créditos, datos bancarios, plans de pensións, xubilacións, datos económicos da nómina.

d) Órgano responsable do ficheiro:

-Secretaría Xeral.

-Consellería da Presidencia e Administración Pública.

e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

f) A responsabilidade de seguridade corresponde á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

g) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.

h) Cesión de datos: ningunha.

RAC, control de acceso ós edificios de San Caetano.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestiona o acceso ós edificios de San Caetano da Xunta de Galicia de persoal non acreditado.

b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

c) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos de persoal non acreditado.

d) Órgano responsable do ficheiro:

-Oficina técnica.

-Consellería da Presidencia e Administración Pú-

blica.

e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia

responsable do ficheiro, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

f) A responsabilidade de seguridade corresponde á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

g) Procedemento de recollida de datos: os datos recollidos no sistema informático en liña

h) Cesión de datos: ningunha.

Cursos, xestión de cursos.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: formación interna de persoal dependente dos sistemas informáticos da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, xestionando cursos, profesores, alumnos e diplomas.

b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

c) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

-Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

-Datos relativos ó emprego: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo.

d) Órgano responsable do ficheiro:

-Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

-Consellería da Presidencia e Administración Pública.

e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Com-

postela.

f) A responsabilidade de seguridade corresponde á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

g) Procedemento de recollida de datos: formulario papel

h) Cesión de datos: ningunha.

Rexistro, Rexistro de Entrada e Saída da Xunta de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: mantén o rexistro xeral no que se grava o asento de toda comunicación presentada ou enviada en calquera unidade da Xunta de Galicia por calquera unidade desta ou outra administración, órganos independentes ou particulares.

b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

c) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

d) Órgano responsable do ficheiro:

-Secretaría Xeral .

-Consellería da Presidencia e Administración Pública.

e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

f) A responsabilidade de seguridade corresponde á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

g) Procedemento de recollida de datos: os datos son recollidos no sistema informático en liña.

h) Cesión de datos: ningunha.

PMX, Parque Móbil da Xunta de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestiona o parque móbil da Xunta de Galicia (conductores e vehículos oficiais).

b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

c) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

-Datos de características persoais: data de nacemento e idade.

-Datos de circunstancias sociais: permisos de conducción.

-Datos relativos ó emprego: corpo/escala, categoría/grao e posto de traballo.

d) Órgano responsable do ficheiro:

-Servicio do Parque Móbil.

-Subdirección Xeral de Servicios.

-Consellería da Presidencia e Administración Pública.

e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia

responsable do ficheiro, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

f) A responsabilidade de seguridade corresponde á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

g) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.

h) Cesión de datos: ningunha.

Correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: contén a lista de enderezos de correo electrónico corporativo do persoal da Xunta de Galicia e proporciona un sistema de mensaxería electrónica interna e/ou externa ó persoal da Xunta de Galicia.

b) Medidas de seguridade: nivel básico. As medidas de seguridade polas que se rexerá este ficheiro están especificadas no documento de seguridade da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

c) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

-Datos relativos ó emprego: corpo/escala, categoría/grao e posto de traballo.

d) Órgano responsable do ficheiro:

-Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

-Consellería da Presidencia e Administración Pública.

e) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

f) A responsabilidade de seguridade corresponde á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos (Consellería da Presidencia e Administración Pública).

g) Procedemento de recollida de datos: formulario papel.

h) Cesión de datos: ningunha.

Disposicións adicionais

No caso de cesións dos datos ós Servicios de Estatística das Administracións Públicas haberá que aterse, ademais, ó disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposicións derradeiras

Esta orden entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública