Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 4 de xuño de 2001, acordou aprobar definitivamente a delimitación dunha unidade de actuación na avenida de Vilagarcía (UA-1), promovida polos servicios técnicos municipais, adoptando como sistema de actuación o de cooperación.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno acordou o inicio do expediente de reparcelación dos terreos comprendidos no ámbito delimitado.

O inicio do expediente de reparcelación comporta a suspensión do outorgamento de licencias de edificación e parcelación no ámbito delimitado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñese recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo