Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía, do 1-6-2001, e do disposto nos artigos 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra.

1. Obxecto: redes de saneamento na Faxarda.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: once millóns (11.000.000 de pesetas, equivalentes a 66.111,33 euros) IVE incluído, con cargo á partida orzamentaria 2001/512-601.

6. Prazo de execución: catro meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: excluída.

9. Fianza definitiva: 4% importe adxudicación.

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo E, subgrupo 1, categoría c), non obrigatoria.

11. Presentación de ofertas: durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, pza. de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo; teléfono 982 12 86 50, fax 982 13 09 75, horario de atención ó público das 9 ás 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición.

Don/Dona..... veciño/a de....., con enderezo en..... titular do DNI ....., en nome propio (ou en representación de....., conforme acredito con poder verificado na súa suficiencia), informado/a da poxa tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de saneamento na Faxarda, manifesta o coñecemento e conformidade cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, e comprométese a executalas na forma determinada nos citados pregos por un prezo de..... pesetas. (En letra e número).

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes

ó de remate do prazo de presentación de ofertas logo de convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 1 de xuño de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde