Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 31 de maio de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, una vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, os acordos de incoación dos expedientes administrativos de desafiuzamento 13/2000 e 22/2001. Ocupación sen título.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, noti

fícaselles ós interesados, cos datos e últimos enderezos coñecidos sinalados no anexo, os acordos de incoación dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde ó seguinte o da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por realizado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificala pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 31 de maio de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 13/2000.

Expedientados: Mª José Blanco Cristóbal e Luis Mestre González.

Última dirección coñecida: r/ Fernando VI, bloque 2, P-1, 7º D (Ferrol).

(Expediente C-81/050, conta 76).

-Nº expediente de desafiuzamento: 22/2001.

Expedientado: José Gil Vázquez.

Última dirección coñecida: Alexandre Bóveda nº 9, bloque 13, 4º D, polígono de Vite (Santiago de Compostela).

(Expediente C-2-IV/75, conta 208).