Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza á empresa Itevele, S.A., para actuar como organismo de control autorizado.

Examinada a solicitude, presentada por Federico J. Muñoz Muñoz, en calidade de representante de Itevele, S.A., con CIF A-24024507, e con domicilio social en Rafael Alberti 10, 1º esq., na Coruña, na que solicita autorización para actuar como organismo de control autorizado, a Dirección Xeral de Industria ten en consideración os seguintes

Feitos.

Primeiro.-Itevele, S.A. foi acreditada por ENAC, Entidad Nacional de Acreditación, con data 19 de

xuño de 2001, como entidade de inspección tipo A, segundo os criterios recollidos na norma UNE EN 45000, para as actividades de ámbito regulamentario recollidas no anexo de ENAC correspondente, tal e como consta no certificado de acreditación nº 09/EI012, por un período de vixencia ata notificación en contra.

Segundo.-Con data do 12 de marzo de 2001, Federico J. Muñoz Muñoz, en nome e representación de Itevele, S.A., presentou escrito polo que solicita, ó amparo do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestructura de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control nos ámbitos regulamentarios solicitados.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 43 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 57, do 21 de marzo), modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio (DOG nº 86, do 7 de maio) e 292/1995, do 3 de novembro (DOG nº 219, do 15 de novembro), en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación

concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Itevele, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias xerais establecidas no artigo 43.3º do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación no ámbito regulamentario solicitado.

A Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la empresa Itevele, S.A. para actuar como organismo de control autorizado para as actividades de inspección comprendidas nos ámbitos regulamentarios seguintes:

1. Instalacións e aparellos a presión.

2. Instalacións eléctricas.

3. Instalacións de almacenamento de productos químicos.

4. Vehículos e contedores destinados ó transporte de mercadorías perigosas e perecedoiras.

5. Instalacións e aparellos para combustibles gasosos.

6. Construcción de máquinas con risco.

7. Elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención.

8. Instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

9. Instalacións contra incendios.

10. Instalacións petrolíferas.

Segundo.-Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, podendo ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos considerados na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC.

Terceiro.-Itevele, S.A. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e para o período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo en calquera caso, notificarlle á Administración competente da Comunidade Autónoma, distinta da que o autorizou, o comezo da súa actividade.

Cuarto.-Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

a) Comunicarlle á Delegación Provincial de Industria da Coruña os datos actualizados para a súa inscrición ou modificación no Rexistro de Establecementos Industriais, establecido pola Lei de industria e regulado polo Real decreto 697/1995, do 28 de abril, e polo Decreto 115/2000, do 11 de maio.

b) Comunicarlle á Dirección Xeral de Industria, ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, achegando, se é o caso, o informe ou certificado da entidade de acreditación ENAC.

c) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que lle sexa de aplicación.

d) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que, no seu día, poida establece-la Consellería de Industria e Comercio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de industria