Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 184/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Almeiras Sur.

Situación: Culleredo e Cambre.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-110:

-De 109 m de lonxitude, de dobre circuíto, para cruzamento do ferrocarril e do río Mero.

-En dobre circuíto, en inmediacións do C.R. de Sigrás, para paso aéreo-subterráneo do centro de reflexión de Sigrás.

Liñas eléctricas subterráneas de media tensión, 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/20 kV de 3(1x240) mm Al:

-De 1.165 m de lonxitude, coa orixe na liña existente en inmediacións da nave de Frinox e final no C.T. Almeiras, existente.

-De 255 m de lonxitude, coa orixe no paso aéreo-subterráneo da liña A Barcala (SMC709) e final no paso aéreo-subterráneo saída da Barcala.

Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Rúa Antonio Gaudí.

Rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo, coa orixe en C.T. Rúa Antonio Gaudí, de 226 m de lonxitude, con conductor R.V., que se conecta á rede existente. Concellos de Culleredo e Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña