Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada V-2000/0228, relativo ó expediente C-82/010 conta 174.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ó interesado, cos datos e últimos domicilios coñecidos en Profesor López Dafonte, bloque 23, portal 3, 1º dereita, Ferrol, A Coruña, resolución do recurso de alzada número V-2000/0228, interposto por José Manuel Suárez Ramil, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Coruña, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda, conta 174 do expediente C-82/010 situada en Profesor López Dafonte bloque 23, portal 3, 1º dereita, Ferrol, A Coruña; da que a súa parte dispositiva di:

Resolvo a aceptación expresa da renuncia formulada por José Manuel Suárez Ramil no recurso de alzada número V-2000/0228 ó abeiro do expediente DP-D-33/99 (C-82/010 conta 174) de resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda, que se arquiva sen máis trámite.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, de conformidade co artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 1 de xuño de 2001.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda