Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan alegacións e probas-acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (María Otero Sieiro e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, pola que se relacionan alegacións e probas-acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión da Delegación Territorial de Ourense, en aplicación do Real decreto 1663/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent.-Ourense, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 30 de maio de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado Procedemento

María Otero Sieiro

DNI 34.978.400

Feás-Boborás-Ourense

Acordos devolución ingresos

nº devolución: 175/1999

Imposto Patrimonio 98

José Eladio Estévez Quintas

DNI 34.985.237

Dr. Temes Fernández 24-Ourense

Acordos devolución ingresos

nº devolución: 253/2000

Expte.10047/1999

Trinidad Antoraz Colorado

DNI 50.402.696

Cardeal Quevedo 12-Ourense

Acordos devolución ingresos

nº devolución: 41/1999

Expte.9366/1995