Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (5/2001).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 16 de abril de 2001, dictouse a seguinte resolución:

«Primeiro.-Incoar expediente de modificación do sistema de actuación previsto no PXOM para a execución do polígono G7.04, por ter transcorrido o prazo de tres meses desde a aprobación definitiva do plan xeral sen que presentasen o proxecto de estatutos e bases de actuación, optándose para estes efectos polo de cooperación.

Segundo.-Adverti-los interesados de que no prazo de tres meses poderán facer presentación, reunindo a maioría prevista no artigo 133.2º da Lei 1/1997 (LSG) do documento: Bases e Estatutos da Xunta de Compensación; neste caso procederase ó arquivo do expediente incoado. Se durante o prazo concedido non se presenta a citada documentación, procederase a continua-la tramitación do expediente de modificación do sistema.

Terceiro.-Someter a información pública o expediente de cambio de sistema en previsión de que pola propiedade non se dea cumprimento ó exposto no punto anterior, con citación persoal ós interesados».

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE número 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña nº 18, entre as 12 e as 13.30 horas, de luns a venres, durante o prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 15 de xuño de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo