Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 405/01.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: obras de ampliación da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación e nova E.T.S. de Enxeñeiros de Minas. b) Prazo máximo de execución: 18 meses segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de execución: Campus das Lagoas-Marcosende (Vigo).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 1.605.884.198 pesetas (9.651.558,41 euros) (IVE incluído).

5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal nº 46, edificio anexo-3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo-36201 (Pontevedra). d) Teléfono: 986 81 35 36. e) Telefax: 986 81 38 57. Non obstante, o proxecto da obra recollerase en Garpe, avda. das Camelias nº 111, Vigo (Pontevedra), teléfono 986 41 02 30. f) Data límite de obtención de documentos e información: seis días anteriores ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: a capacidade de obrar, a clasificación empresarial e a solvencia económico-financeira e técnica deberanse acreditar, segundo os casos, na forma e polos medios que se indiquen no prego de cláusulas.

a) Clasificación: grupo C. Subgrupos 3, 4, 6, 7, 8, 9. Categoría F. Grupo I. Subgrupos 1, 6. Categoría F. Grupo J. Subgrupos 1, 2, 4. Categoría F.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: segundo o indicado no artigo 25.2º da Lei de contratos das administracións públicas para os empresarios non españois da Comunidade Europea.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 16 de agosto de 2001 ás 14 horas. b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, r/ Areal nº 46, edificio anexo-planta baixa, Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte ó da data de apertura de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo, r/ Areal, nº 46-1º andar, Vigo 36201. Data: 20 de agosto de 2001. Hora: 13 horas.

10. Outras informacións: os criterios que se empregarán para a adxudicación do contrato son: valor técnico da proposta (40 puntos), oferta económica (35 puntos), prazo de execución (20 puntos) e prazo de garantía (5 puntos), segundo as fases e nos termos indicados no prego de cláusulas administrativas particulares. Gastos de envío de documentación: a enviada polo Servicio de Xestión Económica e Contratación será gratuíta; a correspondente ó proxecto aboaráselle a Garpe.

11. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: o 25 de xuño de 2001.

Vigo, 25 de xuño de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo